Desencadres

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Duplicity/ Duplicity II/ Duplicity III

Estados Unidos, 1978-1980

Dirección, produción e fotografía: Stan Brakhage.

Duración: 73 minutos.

Duplicity (1978), Duplicity II (1978) e Duplicity III (1980) conforman conxuntamente coas cinco partes de Sincerity (proxectadas en outubro) o núcleo de todo este proxecto autobiográfico protagonizado polos cinco fillos que Brakhage tivo coa súa primeira muller, Jane Collom.

 

Galego

The weir-falcon saga/ The machine of eden/ The animals of Eden and after

Estados Unidos, 1970

Dirección, produción e fotografía: Stan Brakhage.

Duración: 90 minutos.

Brakhage prosegue a liña autobiográfica xa vista en series como Scenes From Under Childhood ou Sincerity. Estas tres películas de 1970, The Weir-Falcon Saga, The Machine of Eden e The Animals of Eden and After, están centradas no quinto fillo de Brakhage, Rarc, na súa enfermidade, convalecencia e recuperación. 

 

Galego

Damaged/ Tom

Damaged

Canadá, 2002-2010

Dirección e produción: Mike Hoolboom.

Duración: 10 minutos.

Retrato dun home indeciso, relatado en dezaoito momentos decisivos. Nunha serie de instantáneas preséntanse modelos da infancia, da sexualidade e da vida adulta, mentres unha voz en off axuda a que a viaxe transcorra con fluidez.

TOM

Canadá, 2002

Dirección e produción: Mike Hoolboom.

Duración: 54 minutos. 

Galego

Public Lighting

Canadá, 2004

Dirección e produción: Mike Hoolboom.

Duración: 70 minutos

Como contamos a historia dunha vida? Que cruel redución dunha imaxe vai quedar (na necrolóxica, no álbum de fotos familiares, na memoria dos amigos) dos anos que transcorreron entre a tumba e un parto difícil? Public Lighting analiza a presente obsesión dos medios de comunicación polas biografías e ofrécenos «os seis tipos de personalidade» (a obsesiva, a narcisista) como estudos de casos e posibles miniexemplos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Desencadres