Busca

Páxinas

20/11/2020

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, participou hoxe na reunión do Consejo de Patrimonio Histórico

Analizáronse as candidaturas españolas que están en curso, entre as que se inclúe a proposta de Galicia para que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio Mundial

Confirmouse que en 2021 presentarase a candidatura conxunta de Portugal e Galicia ‘Ponte...nas ondas!’ ao Rexistro de Boas Prácticas

20/11/2020

O secretario xeral Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe esta exposición que se pode visitar no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las

Consta de máis de medio cento de pezas que se custodiaban na antiga sede do Museo incluíndo desde altares de pedra ata pezas do antigo Pazo do Bispo

 

20/11/2020

A Consellería de Cultura é a patrocinadora principal do encontro, ao que apoia tanto economicamente como na organización de presentacións, proxeccións, espectáculos teatrais ou os concertos de Susana Seivane, Luar Na Lubre e Os d’Abaixo

Un amplo equipo audiovisual súmase a esta 13ª edición para a emisión en directo da meirande parte das actividades que terán lugar o 28 e o 29 de novembro e ás que se poderá asistir de xeito presencial previa reserva

18/11/2020

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2020.- O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe o catálogo da exposición Viae ad limina Sancti Iacobi, elaborado polo artista Chencho Pardo Valdés, a quen agradeceu o seu “agasallo a Galicia” cun traballo, dixo, “excepcional e xenuíno” que se converterá nunha peza clave para seguir divulgando a cultura xacobea a través da arte.

18/11/2020

A compañía galega aAntena produce esta peza que se escenificará o vindeiro martes 24 de novembro no Museo Centro Gaiás

A obra conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade e está enxerida na programación da Xunta co gallo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

15/11/2020

Participan neste órgano sete consellerías da Xunta que, no seu conxunto, están investindo 34M€ neste territorio de Lugo e Ourense a través dun plan específico

A súa creación coincide coa conmemoración do Día Internacional do Patrimonio Mundial e facilitará a chegada ao Comité da UNESCO coas máximas garantías

14/11/2020

Román Rodríguez celebra os novos achados que permiten afondar no coñecemento deste importante asentamento militar do século I despois de Cristo

O Goberno galego inviste máis de 240.000€ no proxecto executado por técnicos da Universidade de Vigo e analizado no Campus de Ourense

A intervención serviu para descubrir un gran patio, sacar á luz un novo tramo da ‘via sagularis’, identificar un gran ‘horreum’ e documentar un pórtico monumental

13/11/2020

A mostra, que se desenvolverá do 23 ao 28 de novembro en seis espazos da cidade, conta cunha achega de preto de 9000 euros a través das subvencións a festivais galegos do sector audiovisual

A carteleira exhibe longas e curtametraxes dunha ducia de países, cunha especial atención ao cinema iberoamericano e ao galego

13/11/2020

Salienta o papel que xogan estes profesionais e os seus negocios na divulgación da cultura e o coñecemento como de “nexo de unión entre o público e os creadores”

O Goberno autonómico inviste este ano máis de 2,3M€ para axudar a esta industria, fomentar a lectura e apoiar ás bibliotecas

Todas as medidas están enmarcadas no Plan de reactivación para o sector cultural que, no seu conxunto, conta cunha achega de máis de 26M€

13/11/2020

Actúase en base ás medidas cautelares determinadas polo Xulgado que establecen que non se permita a retirada de bens do inmoble mentres se realice o inventario