Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 912
- 913
- 914
- 915
- 916
- 917
- 918
- 919
- 920
- …
- seguinte ›
- última »
A Xunta é única institución pública que promoveu unha acción de compra extraordinaria de obra artística destas características en apoio a artistas e galerías
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, deu a coñecer hoxe as pezas adquiridas, que pasarán a formar parte dos fondos do centro de arte
Ofrece aos centros de ensino unha alternativa ás saídas escolares programadas, nun momento no que se viron limitadas polas medidas de contención da covid-19
A iniciativa pretende que máis de 2.000 alumnos e alumnas de secundaria, nun total de 62 quendas, poidan afondar na exposición ‘Galicia, de Nós a nós’
Dá continuidade ao programa didáctico do Gaiás, que só en 2019 permitiu a máis de 14.000 estudantes achegarse ás súas exposicións, arquitectura e natureza
O representante do Goberno galego aposta polas actividades culturais seguras na apertura da nova mostra do Museo de Belas Artes da Coruña
Ata o mes de marzo poderanse ver máis de 300 pezas da colección téxtil da familia González-Moro que dialogan coas obras do propio museo
O obxectivo da exposición é mostrar os usos e costumes de 100 anos de historia a través dos traxes, complementos e pezas de indumentaria
Vilanova de Arousa (Pontevedra), 28 de outubro de 2020.- O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, representou hoxe á Xunta de Galicia na homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán no aniversario do seu nacemento. A ofrenda floral de homenaxe, que se desenvolveu ao pé do monumento do escritor na praza do Castro de Vilanova de Arousa, contou tamén coa participación do alcalde deste municipio, Gonzalo Durán, así como da presidenta da Asociación Cultural Amigos de Valle Inclán, Alicia Padín.
O Plan de reactivación do sector cultural posibilitou o aumento do esforzo orzamentario nesta iniciativa para levar a cabo unha versión ampliada, a través da que se contrataron máis de 160 grupos e compañías profesionais galegas
Pese aos adiamentos e cancelacións a causa da evolución da pandemia, logrouse incrementar a actividade en preto dun 45% respecto ao ano pasado, cun investimento final superior aos 760.000 euros
Cun orzamento de preto de 62.000 euros, a intervención ten como obxectivo resolver os problemas de estanqueidade e ventilación do templo
A igrexa data do século XIX e ten consideración de ben catalogado
De forma paralela, estimularase a celebración de iniciativas de divulgación científica nas bibliotecas escolares
As accións estarán adaptadas ás restricións por mor da covid e respectaranse todas as medidas de seguridade
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020.- A Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol traballarán xuntos no expediente para a candidatura de Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración a Patrimonio Mundial da UNESCO. Así o avanzaron hoxe a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, e a concelleira de Patrimonio Histórico do concello ferrolán, Eva Martínez, nun encontro no que avaliaron o traballo feito ata o momento e sentaron as bases para continuar avanzando no expediente.
O proxecto ‘En terra firme’, presentado pola fotógrafa Ana Núñez e o artista sonoro Sebastián Sandoval, gaña o VIII Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, enmarcado na programación do Xacobeo 2021
O certame, que ten como eixe os camiños xacobeos e profunda na relación entre o Camiño e a Cidade da Cultura, conta co apoio da Fundación Banco Sabadell
A instalación, que está previsto inaugurar en agosto de 2021, busca ser alegoría do Camiño como travesía persoal e combina unha vídeo instalación sonora coa construción da lente dun faro nas torres do Gaiás
O programa ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar









