Busca

Páxinas

  • Ría de Ribadeo, Lugo. Turgalicia
14/10/2020

A intervención promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade conta cun equipo técnico internacional e a colaboración da Armada Española

O obxectivo é conseguir unha visión transversal e avanzar no coñecemento da construción naval da Coroa Española do século XVI

14/10/2020

Publícase na web da Agadic a adxudicación da convocatoria anual destas axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, a través das que se apoian as produtoras galegas nos traballos previos cara á rodaxe dos seus próximos títulos

As propostas adxudicatarias contarán para a súa futura realización con directores como Xacio Baño, Ruth Chao, Fon Cortizo, Lucía Dapena, Eloy Enciso, Anxos Fazáns, Juan Galiñanes, Andrés Goteira, Sandra Sánchez ou Ángel Santos, entre outros

Apóiase tamén a preparación das próximas longas de animación de Ángel de la Cruz e Fernando Cortizo

13/10/2020

Hoxe publícase na web da Agadic a adxudicación da liña extraordinaria para subvencionar actuacións, inserida no Plan de reactivación do sector cultural co obxectivo de reforzar a convocatoria anual de distribución dos espectáculos galegos

As iniciativas adxudicatarias nesta nova convocatoria suman 187 citas en sete países, que se engaden ás 220 cofinanciadas no período anterior ao estado de alarma

13/10/2020

Anxo M. Lorenzo salientou o compromiso do Concello co legado do autor durante máis de 20 anos grazas a iniciativas como esta, claves para divulgar a súa obra

11/10/2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da convocatoria desta liña de axudas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Entre os beneficiarios inclúense melloras e intervencións nas bibliotecas e arquivos de 14 concellos cun investimento superior aos 150.000 euros

No seu conxunto promóvense desde obras de reforma, ampliación, mellora de accesibilidade e adquisición de materiais técnicos en centros das catro provincias

  •  Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta cos creadores e artistas na entrega do XI Premio de Gravado Atlante
10/10/2020

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e o alcalde de Ribeira presidiron a entrega destes galardóns concedidos pola Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital a Germán Aparicio, Carmen Isasi e Marco Poma

Tamén recibiron o diploma de mención de honra Mirta Gendin e Marcin Bialas

No marco do Plan de reactivación cultural o Goberno galego ten en marcha medidas específicas para o sector das artes plásticas por máis de 600.000€

09/10/2020

Román Rodríguez celebra estes novos achados na Ribeira Sacra que afondan no seu valor excepcional na recta final para ser declarada Patrimonio da Humanidade

Luis Fernández Guitián mostrouse moi satisfeito e ilusionado cos resultados, xa que se “confirma que a lenda da mítica Proencia é unha realidade"

Os especialistas que desenvolven os traballos descubriron un hipocausto, unha ábsida circular, unha hipotética ‘horrea’ romana e fragmentos dun mosaico

08/10/2020

O encontro é un dos adxudicatarios das subvencións a festivais audiovisuais convocadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais

Organizado pola Asociación Galega Audiovisual Inclusiva, celebrarase entre o 13 e o 17 de outubro con novas seccións competitivas de apoio ao sector

  •  A illa de San Simón foi declarada en 1999 Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia e a illa e a súa enseada forman parte da Rede Natura 2000 como hábitat natural europeo protexido.
08/10/2020

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, deulle a benvida aos participantes desta residencia artística

O evento reúne a catro recoñecidos ilustradores galegos e lusos, que desenvolverán un proxecto artístico conxunto desde hoxe e ata o sábado

08/10/2020

Os tres celebraranse os sábados 24 e 31 de outubro e 14 de novembro ás 20,00 horas no Museo Centro Gaiás

A Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia volve colaborar neste festexo co seu produto, que se repartirá para levar para a casa polas medidas da covid-19