Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 909
- 910
- 911
- 912
- 913
- 914
- 915
- 916
- 917
- …
- seguinte ›
- última »
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade establece un total de seis galardóns, a razón de tres para a modalidade de Música, dous na modalidade de Artes plásticas e Deseño e un na modalidade de Danza
Os galardoados recibirán un premio de 1.000€, un 18% máis que na última convocatoria
O proxecto, no que colaboran a Xunta, o Ministerio de Fomento e a Diocese de Tui-Vigo, está enmarcado no Plan Catedrais no que traballa o Goberno galego para blindar a conservación dos cinco templos catedralicios da Comunidade
A intervención que se licitará proximamente inclúe a mellora da accesibilidade, a rehabilitación das cubertas do claustro e a adaptación do edificio para usos museísticos
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade salientou que os traballos permitirán que esta Catedral continúe sendo "unha das principais iconas do Concello de Tui"
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na Comisión de Seguimento sobre o futuro de Meirás integrada polas administracións implicadas no proceso xudicial
Lembra que o Goberno do Estado deberá ceder este ben á Comunidade Autónoma unha vez remate o preito, dando así cumprimento ao acordo do Parlamento de Galicia
Amosa a disposición de abrir unha vía de diálogo para que a Xunta poida realizar a ampliación do BIC con garantías xurídicas como vén propoñendo nas últimas semanas
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade avanzou no Parlamento de Galicia que está a actuar con todas as ferramentas das que se dispoñen para garantir a conservación deste ben
Trátase dun BIC singular en Galicia, do que só se ten constancia polo de agora a través de fontes documentais, pero non existen restos físicos que acrediten a súa existencia
A sala escénica situada na rúa Chile acollerá as primeiras representacións da peza coproducida polo CDG do venres 11 ao domingo 13 de xuño
O delegado territorial, Javier Arias, gabou o labor do Arquivo Histórico Provincial de Lugo como “depositario da nosa memoria colectiva”
As imaxes que se incorporan este ano á colección “Documentos singulares” foron tomadas hai medio século, en febreiro de 1971
Ofrece un percorrido polos diferentes itinerarios da Ruta Xacobea a través da documentación, fotografías, planos ou expedientes que custodia o Arquivo de Galicia
O Goberno galego ten en marcha unha liña de traballo para mellorar a xestión dos documentos que se custodian nos arquivos que se reflicte na posta en marcha dun plan específico e na resolución dunha liña de axudas dotada con 145.000€ da que se beneficiarán 21 concellos
Madrid, 8 de xuño de 2021.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañou este mediodía á S.M. a raíña Letizia na inauguración da gran exposición Emilia Pardo Bazán. El reto de la modernidad que, desde hoxe e ata o próximo 26 de setembro, poderá visitarse na Biblioteca Nacional.
O Play-Doc de Tui, o Curtocircuíto de Santiago de Compostela, o (S8) da Coruña e o festival de Cans son os encontros beneficiarios das maiores contías
A convocatoria deste ano valorou as propostas específicas para o ámbito dixital e o esforzo realizado para manter as edicións de 2020 no contexto da pandemia
Supón un incremento do 5% e enmárcase no Plan de Reactivación da Cultura para a recuperación da actividade e para preservar o emprego artístico e técnico
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021.- O director de Industrias Culturais da Xunta, Jacobo Sutil, e mais o presidente da asociación de compañías Escena Galega, Juan Rodríguez, inauguraron hoxe en Santiago de Compostela Galicia Escena PRO, o encontro para favorecer a compra-venda de espectáculos producidos en Galicia, que se desenvolverá ata o xoves 10 con 19 funcións en catro escenarios da cidade, 12 presentacións profesionais e máis de 200 reunións de traballo concertadas.





