Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 907
- 908
- 909
- 910
- 911
- 912
- 913
- 914
- 915
- …
- seguinte ›
- última »
O festival conta en primicia coa última performance de Ana Matey e a peza ‘Escenas en danza’, creada para o Gaiás por seis das mellores bailarinas galegas
A sétima edición de ‘Escenas do cambio’ estrea dirección con Lola Correa, quen mantén a aposta pola danza, por obras anovadoras e por mulleres creadoras
Artistas internacionais de prestixio como Hiroaki Umeda ou Miguel Moreira escollen o certame para presentar os seus traballos en España
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe as súas instalacións
Este ano benefícianse destas axudas un total de 39 proxectos noutros tantos concellos de toda Galicia
O director da Agadic participou na clausura da sesión de presentacións das 18 propostas seleccionadas, que foi seguida en liña polos responsables de contidos de coñecidas canles televisivas, plataformas, produtoras e distribuidoras
O encontro continuará con reunións personalizadas pola organización na procura de concretar acordos para as distintas fases de desenvolvemento, produción, exhibición e distribución dos produtos audiovisuais
Valentín García e Marta Fernández-Tapias presentaron hoxe as propostas culturais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 que chegan a Vigo arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
A peza teatral 'Soa', de Rogelia dos Outeiros, a mostra 'Identidades latentes' e dúas proxeccións de 'Saberes de muller' danse cita no museo ao durante esta semana
A Xunta apoia a promoción do novo circo galego coa celebración na Cidade da Cultura destes dous eventos cos que colabora a Agadic
O congreso de profesionais do sector que promove a Federación de Asociacións do Circo de España achégase a Santiago de Compostela coincidindo co Encontro para a Formación e Innovación en Circo que organiza a compañía galega Pistacatro
O Centro Dramático Galego apoia as funcións para público xeral que o D10! ofrecerá no Salón Teatro e no Teatro Principal
A mostra, impulsada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Consellería de Cultura, a Deputación de Ourense e a USC, explora a faceta humana e intelectual, así como a conexión de Afonso X con Galicia
A exposición abrirá ao público na igrexa da Universidade en Santiago de Compostela entre o 12 de xaneiro e o 24 de abril, e a primeira das súas itinerancias será Ourense, no Centro Cultural Marcos Valcárcel
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020.- O secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, demanda ao Goberno do Estado que articule medidas concretas e específicas de apoio ao sector cultural na liña das establecidas no Plan de reactivación do sector cultural da Xunta de Galicia, dotado con máis de 26 M€. Así o expuxo hoxe na reunión da Comisión sectorial de Asuntos Culturais, na que participan o Goberno e as CCAA, e na que se abordou, entre outros, o impacto da crise sanitaria no sector cultural.
O obxectivo é facilitar aos profesionais unha cualificación que facilite o seu labor, ao tempo que se garante ao alumnado a mellor formación dos seus docentes
Galicia corrixe así a decisión do Goberno central, que permite a contratación do profesorado sen esixir máis que a titulación
O curso, telemático, componse de cinco módulos que dan ao profesorado ás claves para desenvolverse no seu día a día
O equipo de expertos eliminou a capa vexetal e parte das sustancias depositadas na superficie da peza, como unha pequena pedra encaixada no manto
Os traballos inclúen a creación dunha cápsula transparente que sirva para aclimatar e secar o ben de xeito gradual e controlado
Os técnicos, despois de constatar que o estado de conservación da peza é bastante estable, buscan agora o mellor xeito de proceder para evitar danos
Publicarase no Diario Oficial de Galicia a vindeira semana e suporá a aplicación provisional do réxime de tutela previsto na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia
Conforman unha única colección composta por un total de 7.883 volumes custodiados na sede da RAG e 2.972 rexistros que continúan en Meirás
O primoxénito da escritora encargou que todos os exemplares posuíran un cuño de cor vermella que permite reconstruír a colocación dos distintos exemplares







