Busca

Páxinas

26/11/2021

A folla de ruta prevé unha ambiciosa aposta polo binomio cultura e tecnoloxía, tanto desde o punto de vista da creación como do achegamento á cidadanía de experiencias artísticas anovadoras

A nova estratexia descentraliza a acción do Gaiás, que desenvolverá proxectos máis alá dos seus espazos físicos, distribuíndo contidos en centros de Galicia e de fóra da Comunidade

26/11/2021

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, invita á cidadanía a sumarse tamén aos roteiros nos que o guía Guido Álvarez descubrirá aspectos singulares do monumento

25/11/2021

A iniciativa da Xunta leva a Vigo a actuación de artistas galegas como Leilía, Belén Tajes, Su Garrido, Blues do País, Mallou, Masrgarida Mariño ou Mounqup

As entradas para todos os pases serán de balde ata completar o aforo
 

25/11/2021

O documental que deu orixe a esta exposición proxectarase de balde no Museo Centro Gaiás os días 25 e 27 de novembro

25/11/2021

Feijóo incide no obxectivo de incrementar o papel do Gaiás como creador de contidos

As metas deste plan son duplicar o valor que o Gaiás aporta a Galicia, continuar a tendencia positiva nas visitas e duplicar o número de eventos

25/11/2021

Lugo, 25 de novembro de 2021.- O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na inauguración na capela de Santa María da mostra itinerante Alfonso X e Galicia, que promove o Consello da Cultura Galega en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e a Universidade de Santiago de Compostela.

24/11/2021

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe as xornadas, que se desenvolven ata mañá no Museo de Belas Artes

Participan 22 relatores e máis de 400 persoas inscritas, de xeito presencial e en liña
 

24/11/2021

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2021.- A Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu a primeira xuntanza presencial do grupo de traballo que elaborará as propostas do Plan Integral para a Danza de Galicia, impulsado pola Xunta en colaboración cos diferentes axentes culturais implicados. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, conduciu esta reunión coa que se lles dá continuidade ás desenvolvidas telematicamente en meses anteriores.

24/11/2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participa na presentación da peza acuñada pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre

23/11/2021

O equipo artístico e de interpretación prepara a posta en escena da obra creada a partir da dramaturxia de AveLina Pérez, que se estreará en abril no Salón Teatro

Trátase dunha comedia sobre a relación entre quen está en escena e o público, cun xogo metateatral no que a audiencia é o centro