Nova: Arias participa na inauguración en Lugo da mostra Alfonso X e Galicia, que conta co apoio da Xunta

25/11/2021

Arias participa na inauguración en Lugo da mostra Alfonso X e Galicia, que conta co apoio da Xunta

Lugo, 25 de novembro de 2021.- O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na inauguración na capela de Santa María da mostra itinerante Alfonso X e Galicia, que promove o Consello da Cultura Galega en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e a Universidade de Santiago de Compostela.

A exposición, que permanecerá na capital lucense ata o 17 de abril, foi organizada con motivo do 800 aniversario do nacemento do rei Sabio. Pon en valor a súa importante relación con Galicia, que ten unha das súas expresións nas Cantigas de Santa María, unha das obras da lírica medieval máis senlleiras redactadas en lingua galega (na antiga variedade galego-portugués).

Tamén analiza o conxunto da figura de Afonso X: os seus avatares políticos, o seu labor cultural e mesmo achega detalles sobre o pasado medieval galego a través de documentos, testemuños arqueolóxicos, literarios e musicais. O comisario da mostra é o profesor de Estudos Medievais Antoni Rosell, da Universitat Autónoma de Barcelona.

Comparte