Busca

Páxinas

10/12/2021

O secretario xeral de Política Lingüística participa hoxe na presentación deste concerto especial despedida que terá lugar mañá ás 21,00 horas

As portas abrirán ás 20,40 horas e o acceso será de balde ata completar a cabida

10/12/2021

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación desta iniciativa no marco do Xacobeo 21-22 que se difundirá prioritariamente nos albergues e lugares destacados das Rutas Xacobeas

O obxectivo é abrir unha nova canle para a promoción internacional da riqueza e a variedade da música galega
 

10/12/2021

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación da sexta edición de certame, que se desenvolverá do 14 ao 19 de decembro no Teatro Principal pontevedrés

A mostra inaugúrase coa estrea galega do documental ‘A Virxe Roxa’, de Marcos Nine, producido por Recrea Films con subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

09/12/2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participa na presentación dunha traballo de investigación sobre a presenza desta comunidade monástica en Galicia, centrado na Encomenda de Beade

Trátase dun volume documental de tres tomos realizado polo CSIC a través do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento

08/12/2021

As entidades beneficiarias poden subvencionar os gastos correntes derivados da asistencia aos eventos e o aluguer dos espazos de exhibición, entre outros

Con cargo a estas axudas as beneficiarias asistiron a feiras en Madrid, Basel, Londres, Lisboa, Bruxelas e Singapur

06/12/2021

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou no encontro que a cantante galesa mantivo cos medios na véspera do seu directo no Multiúsos Fontes do Sar

O Festival Vilablues organiza este concerto coa axuda da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da convocatoria extraordinaria para contribuír á recuperación económica das promotoras musicais galegas

05/12/2021

O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle xa o equipo que porá en escena o espectáculo inspirado na novela de Albert Camus

A montaxe da unidade teatral da Xunta de Galicia aborda de xeito metafórico as grandes pragas causadas polo ser humano reflexiona sobre o comportamento individual e social en situacións de crise

05/12/2021

Dado o éxito da iniciativa autonómica, amplíase o tope para facilitar que a cidadanía poida seguir obtendo descontos en toda a oferta dispoñible ata o 31 de decembro

Diversos negocios chegaron xa o máximo de 20.000€ inicialmente previsto

Desde a súa posta en marcha, lévanse realizadas máis de 27.000 operacións no sector cultural, contribuíndo así a dinamizar a actividade durante o outono
 

03/12/2021

A súa representación mañá no Auditorio Gustavo Freire conta con axuda da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da convocatoria extraordinaria para favorecer a recuperación das promotoras musicais galegas

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu a un dos ensaios da peza de Nacho Mañá a cargo da Orquestra Sinfónica Vigo 430, coa soprano Patricia Rodríguez como protagonista e coa participación de músicos como Anxo Lorenzo e Anxo Pintos
 

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu á final desta categoría, que tivo lugar en Santiago de Compostela
03/12/2021

Nesta edición de 2021 presentáronse un total de 12 obras na especialidade de moda e 28 na de deseño de xoias, disciplinas que sumaron 40 persoas participantes