Busca

Páxinas

08/01/2022

A actuación céntrase en atallar as patoloxías que causan a entrada de auga no templo

Afonda na obra de urxencia acometida hai uns meses para solucionar parte das humidades

06/01/2022

Con 13 proxectos artísticos materializados, o número de mostras case duplicou as de 2020 e son tamén máis que as organizadas o ano anterior

A Xunta reforzou en 2021 o papel deste museo como divulgador das creacións de artistas emerxentes e consolidados cun incremento nas actividades e na colección

Ademais, o centro aumentou a colección propia con 60 novas pezas artísticas procedentes de adquisicións e doazóns
 

03/01/2022

A función de La Fiesta Escénica, que esgotou entradas en apenas unhas horas, está concibida para unir a maxia do circo e do Nadal cunha coidada escenografía

A directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, fixo entrega dos premios ás postais máis orixinais remitidas por nenos e nenas de ata 9 anos

Ata o 6 de xaneiro aínda pode visitarse a instalación ‘O marabilloso Camiño de Inverno’, da deseñadora e escenógrafa galega Ana Inés Jabares-Pita, que transforma o Hall de Tirantes nun paraíso de globos de neve, luz e paisaxes da Ruta Xacobea

03/01/2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade mantivo un encontro con Alfonso Blanco, produtor executivo de Portocabo, primeira empresa galega adxudicataria do fondo de atracción de rodaxes

O proxecto do thriller ambientado na serra da Capelada multiplicou por 10 o investimento de 300.000 euros adxudicados mediante subvención, xa que implicou un gasto na nosa Comunidade de máis de 3M€
 

02/01/2022

O DOG publica a convocatoria á que se poderán presentar profesionais dedicados profesionalmente á dinamización cultural

Como novidade, poderanse incorporar ata tres actividades por empresa e, neste caso, polo menos unha delas deberá estar especificamente orientada a promover a igualdade ou a loita contra a violencia de xénero

Durante este ano, celebráronse iniciativas como obradoiros, contacontos, exposicións, charlas ou propostas audiovisuais, entre outras

 

02/01/2022

Así se acordou na xuntanza do Padroado do centro museístico, presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

Tamén se anunciou a celebración do 20 aniversario da institución en 2022 e se fixo balance de 2021, cun notable incremento do número de visitantes con respecto ao ano anterior
 

30/12/2021

O conselleiro de Cultura presidiu a xuntanza do Padroado da Fundación Cela

O obxectivo da programación expositiva e académica é impulsar o legado do Premio Nobel e a casa-museo de Iria Flavia como centro cultural de referencia

Tamén se vai iniciar o proceso de rehabilitación e musealización da locomotora coñecida como ‘Sarita’, preza principal do Museo do Ferrocarril
 

30/12/2021

As adxudicatarias da convocatoria de 2021 son 10 empresas musicais galegas para editar tanto proxectos emerxentes como artistas xa consolidados

Subvenciónanse os debuts de Alex Monteagudo, Berto, Las Palmeras, Los Rastreadores, Os do Fondo da Barra e Shego, así como as novas referencias de As Faiscas, Brath, Croma, Dani Cornes, Dios Ke Te Crew, Familia Caamagno, Grande Amore, Monoulious Dop, Mou, Seso Durán, Supermeiga e Vera Fauna

29/12/2021

O balance mellora o de 2019, último ano anterior á pandemia, a pesar das restricións sanitarias que obrigaron a reducir a capacidade máxima de público

Este récord explícase en boa medida pola itinerancia de exposicións, o incremento da programación online e o éxito de mostras como ‘Faraón. Rei de Exipto’

O Gaiás despide o ano cun total de 1.183.263 visitas, sen que se contabilicen neste número as máis de 600.000 derivadas da localización do centro de vacinación

28/12/2021

Farase especial fincapé no Plan Catedrais, os xacementos arqueolóxicos, bens etnográficos e os BIC do Camiño

Desde 2015 realizáronse máis de 750 actuacións de conservación

As actuacións desenvolvidas en Monforte enmárcanse no traballo levado a cabo na Ribeira Sacra onde se están a investir máis de 4,5 millóns de euros no eido patrimonial