Busca

Páxinas

17/01/2022

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu á primeira xornada de traballo no set instalado no Hotel Congreso de Teo, transformado para esta ‘dramedia’ nun pintoresco motel de estrada situado na fronteira

A empresa compostelá CTV foi adxudicataria dunha subvención de máis de 250.000 euros por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a coprodución deste proxecto xunto á lusa SPi

17/01/2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade abriu hoxe a programación cunha ofrenda floral en Padrón, co gallo do cabodano do Premio Nobel

Salienta a oportunidade para poñer en valor a “ollada única e xenuína” dun galego que “situou con mestría a Galicia no epicentro da literatura universal”

Haberá catro exposicións, unha delas itinerante, encontros fóra de Galicia, visitas para escolares e outros eventos coa casa-museo de Iria Flavia como referencia

15/01/2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade visitou hoxe ambos espazos nos que se actuará para garantir a súa conservación e uso como recurso cultural

No caso de Bueu, o proxecto centrarase en incorporar todas as naves do antigo complexo conserveiro Massó Hermanos no funcionamento do museo abrindo ao público fondos do pintor Lugrís que actualmente permanecen gardados

En San Simón, pola súa banda, intervirase en varias edificacións para resolver problemas de humidade e danos causados polas inclemencias do tempo
 

14/01/2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade visitou hoxe este conxunto arquitectónico no que se actuará no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

O obxectivo é garantir a conservación do monumento ao tempo que se mellora o sistema construtivo e se promove como recurso cultural e turístico

Esta nova achega súmase aos 2,3M€ investidos xa pola Xunta de Galicia neste Ben de Interese Cultural nos últimos anos

14/01/2022

O secretario xeral de Cultura participou hoxe na apertura da exposición itinerante, que permanecerá ata marzo na Praza Bispo Cesáreo con contedores de barco como salas de exhibición

Participan profesionais de percorrido nacional e internacional, entre os que figuran un Premio Nacional de fotografía e varios membros da Axencia Magnum, así como o ourensán Iván Nespereira

14/01/2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou na inauguración da primeira das catro mostras previstas sobre este artista

Inclúe pezas de grandes dimensións, que poderán visitarse ata o mes de marzo

13/01/2022

A Coruña, 12 de xaneiro de 2022.- O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuníronse hoxe con representantes do Circo de Artesáns da Coruña para coñecer a folla de ruta da programación conmemorativa do seu 175 aniversario durante este ano 2022.

12/01/2022

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visita o equipo do filme no Cemiterio dos Ingleses durante unha das súas últimas xornadas de filmación

A compañía galega coproduce xunto a Alba Sotorra a primeira longametraxe de ficción da directora catalá Carla Subirana, interpretada por rapaces e actores non profesionais da comarca coruñesa

11/01/2022

Incrementa nun 5% a súa dotación respecto á de 2021 para seguir co seu apoio aos certames organizados de xeito profesional e considerados estratéxicos para o sector

Coa publicación das bases no DOG ábrese o programa de axudas ao audiovisual galego para 2022, que se verá reforzado coas iniciativas que se están a poñer en marcha a través do Hub Audiovisual da Industria Cultural da Xunta
 

11/01/2022

Realizáronse máis de 700.000, tanto de libros de ficción e non ficción, como espe-cíficos para público infantil e xuvenil así como películas e revistas

Hoxe celébrase o Día das persoas usuarias, co nomeamento de socios de honra entre os que levasen máis material o ano pasado e haberá visitas guiadas