Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 831
- 832
- 833
- 834
- 835
- 836
- 837
- 838
- 839
- …
- seguinte ›
- última »
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a exposición, con obras recentes e tres grandes instalacións producidas especificamente para o espazo arquitectónico do CGAC, que se poderá visitar ata o 15 de maio
Mañá, día da apertura, Fandiño ofrecerá unha presentación pública no auditorio do espazo compostelán, acompañado da comisaria, Mónica Maneira, e o director do centro, Santiago Olmo
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade é a principal entidade colaboradora desta iniciativa do Colectivo RPM, á que tamén lle achega as instalacións do Centro Dramático Galego, Centro Coreográfico e Cidade da Cultura
O 28 de febreiro finaliza o prazo de solicitude para participar neste programa, que desenvolverá estadías artísticas en nove espazos culturais e o seu encontro anual do 23 ao 25 de setembro na Illa de San Simón
O DOG publica hoxe a relación dos 505 proxectos beneficiarios das 15 convocatorias de subvencións convocadas o ano pasado pola Axencia Galega das Industrias Culturais, cun incremento de máis do 47% na contía global das adxudicacións
Trátase dunha das principais vías de apoio aos sectores do audiovisual, a música e as artes escénicas deste departamento da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xunto co seu plan de convenios e iniciativas como a Rede Galega de Teatros e Auditorios, Música en Salas, Propulsa e FEST Galicia, entre outras
A declaración fundaméntase no interese como recurso científico e cultural e na importancia histórica e arqueolóxica deste conxunto
A resolución recoñece a importancia desta zona para comprender o pasado e presente da comarca do Salnés
A proposta deberá resolverse definitivamente no prazo máximo de 24 meses
Salienta que o Goberno autonómico dá resposta así ao seu compromiso por impulsar o achegamento á cultura e fomentar as melloras tamén no rural
Tamén participa en Lugo na presentación do documental ‘Exeria: a primeira peregrina’ na Biblioteca Pública da cidade lucense
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse cos responsables das asociacións que representan os intereses dos músicos e das salas para abordar o novo sistema de financiamento deste programa mediante a convocatoria de subvencións
Destinaranse 600.000 euros en dous anos para impulsar as contratacións e a profesionalización ao abeiro deste circuíto de concertos, que recuperará a súa actividade despois de que a pandemia motivara a súa substitución por outras vías de apoio á música ao vivo
Esta vía de apoio, complementaria ao programa anual de subvencións, destina máis de 300.000 euros ás artes escénicas, a mesma cantidade á música e arredor de 200.000 euros ao audiovisual, ademais da colaboración coa feira Culturgal
Fundacións, federacións e asociacións profesionais son as principais beneficiarias dos acordos que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade formalizará este ano a través da Axencia Galega de Industrias Culturais
Cun orzamento global de 575.600€, promoverase a aprendizaxe laboral tanto no Sistema de Arquivos de Galicia como na rede de bibliotecas xestionadas pola Xunta
Enmárcase no traballo do Goberno autonómico por reforzar a profesionalización e especialización en todos os eidos da cultura
A poeta galega Fátima Delgado presentará en primicia unha peza dramática para o seu devanceiro, Florencio Delgado, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na presentación da iniciativa que tamén se poderá seguir en streaming
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta nova entrega de pílulas audiovisuais realizadas ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo
Trátase dun total de 15 vídeos que se suman aos 10 publicados na primeira edición e que se poderán seguir cada xoves nas redes sociais e no Portal da Lingua Galega



