Busca

Páxinas

17/02/2022

A mostra, que pecha as súas portas este domingo, congregou no Museo Centro Gaiás a máis de 15.000 persoas que puideron descubrir a faceta escultórica do artista pontevedrés Jorge Castillo Casalderrey a través dunha escolma de 120 pezas

Comisariada por Pilar Corredoira, a mostra presenta unha retrospectiva a través de seis décadas de percorrido creativo do autor

Castillo é un dos grandes nomes das artes plásticas do último século, con obras en coleccións coma as do Guggenheim de Nova York ou a Nationalgalerie de Berín

16/02/2022

O Diario Oficial de Galicia publica o decreto que recoñece a protección de 7.883 libros custodiados na sede da Real Academia Galega e 2.972 rexistros en Meirás

Valórase a “singularidade e carácter único” da colección e saliéntase o valor dos volumes, con primeiras edicións e algúns manuscritos dedicados polos autores

16/02/2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade mantivo un encontro con José Manuel Rodríguez Uribes para seguir traballando no futuro deste territorio

O representante da Xunta gabou o labor feito por Juan Andrés Perelló, anterior embaixador, e agradeceu que se manteña a colaboración co actual representante

José Manuel Rodríguez Uribes, pola súa banda, mostrouse comprometido a avanzar xunto coa Xunta e o Ministerio de Cultura para garantir o éxito deste expediente

15/02/2022

A iniciativa promovida pola unidade teatral da Xunta busca facilitarlle á cidadanía de todo o territorio o achegamento ao teatro e ao espazo compostelán

A montaxe inspirada na obra de Albert Camus, con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó, retoma mañá mércores as funcións tras a suspensión da pasada semana
 

15/02/2022

Entre outras funcións, corresponderalle a dirección do Centro Coreográfico Galego

15/02/2022

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que dá resposta a unha solicitude do Concello de Santiago e supón a ampliación da súa protección patrimonial

Comunícao á Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deportes para a súa anotación no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado
 

14/02/2022

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases do XXVI Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, o XII Manuel María de Literatura Dramática Infantil e o XV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques

Os tres galardóns comparte como obxectivo servir de estímulo e recoñecemento para a creación literaria en galego no eido teatral

12/02/2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visita a peza no espazo do museo dedicado á capital de Galicia

A figura denominada como ‘Virxe do Leite de Santa María de Conxo’ pola súa iconografía exponse tras a súa restauración e análise

11/02/2022

Por primeira vez na Península, poderá visitarse a experiencia inmersiva gañadora dun Oscar ‘CARNE y ARENA’, do cineasta mexicano Alejandro G. Iñárritu

Obras de Dalí, Chirico, Man Ray ou Le Corbursier chegarán ao Gaiás con ‘Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-200’, unha mostra en colaboración co Vitra Design Museum e a Fundación ’la Caixa’

10/02/2022

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, abriu a sesión informativa impartida por Yago Fandiño, director de Clan e de Contidos Infantís de RTVE, sobre a selección de novos proxectos para as cadeas e medios dixitais da compañía pública