Busca

Páxinas

23/01/2022

Vigo, 23 de xaneiro de 2022.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu esta mañá á IV edición do Certame de Rondallas que tivo lugar na Estación Marítima de Vigo, unha cita impulsada pola Xunta de Galicia que apoia e promove a conservación da cultura popular e de base.

23/01/2022

Convoca axudas a concellos e entidades privadas sen animo de lucro que sexan titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación

O DOG publica as bases da iniciativa á que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina 200.000 euros no marco dos obxectivos da Lei de Museos

23/01/2022

O conxunto sito ao bordo da praia do Carreiro, na parroquia de San Vicente, quedará inmediatamente protexido tras a publicación no Diario Oficial de Galicia

Foi anunciado hoxe polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita a igrexa parroquial e asistiu á presentación do libro ‘Da gran historia da igrexa de San Vicente dos Groves’
 

23/01/2022

Nace o programa ‘ImproVersións’, dirixido por Antón Coucheiro, que terá lugar ata o 7 de marzo no Salón Teatro de Santiago para promocionar o espectáculo que vén de estrear o CDG

O elenco participante utilizará a escenografía, o atrezzo e a iluminación da montaxe inspirada na novela de Albert Camus, con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó, para crear variantes libres e aloucadas
 

21/01/2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visita o resultado dos traballos aos que se refire como “un modelo a seguir no que profesionais de distintas disciplinas se implicaron para preservar o legado do noso patrimonio”

A intervención centrouse en garantir a función estrutural da viga orixinal, retirando unha segunda que impedía a súa completa visualización

21/01/2022

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a programación prevista arredor desta data sinalada no Calendario do libro e da lectura de Galicia

A efeméride, instaurada o 30 de xaneiro en lembranza do nacemento de Castelao, celébrase en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Os centros bibliotecarios organizan máis de 20 propostas, con obradoiros, contacontos e mostras

20/01/2022

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022.- O Salón Teatro de Santiago de Compostela encheuse este serán para a estrea de A peste, a primeira produción do ano do Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta. A presentación da montaxe inspirada na obra homónima de Albert Camus, con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó, contou coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo M.

20/01/2022

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022.- O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta, Jacobo Sutil, e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez, reuníronse cos responsables da ducia de festivais de toda España que conforman a Red Acieloabierto de danza contemporánea en espazos non convencionais, con motivo da asemblea que celebraron no Gaiás, en Santiago de Compostela, para preparar o seu circuíto de 2022.

19/01/2022

O festival de curtametraxes infantís da Cidade da Cultura chega á súa sexta edición apostando por un formato híbrido, con proxeccións en sala e en liña, co que ampliar o seu público

Os filmes poderán verse os días 29 e 30 de xaneiro no Gaiás e tamén a través da plataforma Festhome

A sexta edición do festival infantil inclúe unha programación especial de pezas feitas polos alumnado dos centro de ensino galego en colaboración co Festival Olloboi
 

18/01/2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe a peza inspirada na novela homónima de Albert Camus, con dramaturxia e dirección de Cándido Pazó

Cun dos elencos máis numerosos dos últimos anos, composto por 15 intérpretes, permanecerá dous meses no Salón Teatro de Santiago de Compostela para ofrecer preto de 40 representacións

O CDG refórzase como motor da escena galega con dúas pezas propias nas que se van contratar 38 profesionais e a investir preto de 600.000 euros e seis novas coproducións só no primeiro semestre