Busca

Páxinas

11/11/2021

Comeza este sábado co recital da cantante portuguesa Luísa Sobral no Teatro Afundación e continuará os días 20 e 21 de novembro con Marco Maril, Nico Casal, Verde Prato, Rebe, Nacho·Faia·Lar e Adrian Timms no Museo do Mar de Galicia

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou as localizacións destes últimos concertos do programa, que conta con axuda da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da convocatoria para iniciativas musicais de promotoras galegas

11/11/2021

O secretario xeral de Cultura participou hoxe na apertura da exposición itinerante, que pode verse na Praza Horta do Seminario ata o 10 de xaneiro
 

Conta co apoio da Fundación “la Caixa”, no marco da programación cultural posta en marcha polo Goberno autonómico co gallo do Xacobeo 21-22

Participan creadores audiovisuais de percorrido nacional e internacional, entre os que figuran un Premio Nacional de fotografía e varios membros da Axencia Magnum

11/11/2021

Dakidarría, SonDaRúa, Boyanka Kostova, Carlos Sadness, La Casa de los Ingleses, Cora Velasco, Furious Monkey House e Baiuca actuarán desde mañá e ata o domingo no Recinto Feiral pontevedrés

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación desta nova iniciativa, que nace co apoio da convocatoria extraordinaria de axudas para espectáculos musicais ao abeiro da programación do Xacobeo 21-22

11/11/2021

A unidade teatral da Xunta fará unha representación ás 20,00 horas no Auditorio Municipal da vila do Morrazo

A peza dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso percorrerá ata o 12 de decembro vinte escenarios de Galicia e do norte de Portugal

10/11/2021

O secretario xeral de Política Lingüística participou esta mañá na inauguración da mostra ‘A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía’, que abriu as xornadas dedicadas á escritora na Coruña ata o vindeiro venres

O proxecto repasa a historia da Casa-Museo de Rosalía desde a súa fundación durante o franquismo e poderá visitarse nos Xardíns de Méndez Núñez desde hoxe ata o 24 de novembro, cando comezará a súa itinerancia polo resto de Galicia

10/11/2021

O delegado territorial explicou “nestes tempos da era dixital, cómpre por en valor o contacto directo co lugar onde se venden os libros”

Gabriel Alén lembrou que 37 entidades e empresas de Ourense capital, 77 na provincia, xa se adheriron ao Bono Cultura da Xunta, e poderán facelo ata o 18 novembro

10/11/2021

En colaboración con Acción Cultural Española, enmárcase na programación cultural do Goberno autonómico no marco do Xacobeo 21-22

Está comisariada polo expresidente da Real Academia Española Darío Villanueva, que contou cun reputado comité científico de diferentes disciplinas

Entre as pezas inclúense valiosas pinturas, unha extensa colección de manuscritos e estampas, obxectos relixiosos, revistas ou pezas musicais e cinematográficas

10/11/2021

A unidade teatral da Xunta fará unha representación ás 20,00 horas, no marco da xira iniciada a pasada semana en Tui

A peza dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso percorrerá ata o 12 de decembro 20 escenarios de Galicia e norte de Portugal

  • O Casino de Santiago acollerá un novo proxecto cultural que promoverá a obra do escultor Ramón Conde no marco do Xacobeo 21-22 co apoio da Xunta
09/11/2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reuniuse cos organizadores da iniciativa que incluirá catro exposicións

09/11/2021

A 11ª edición celebra no campus de Pontevedra seis sesións sobre as longametraxes Malencolía, Cuñados e Valentina, as curtas de Shorts from Galicia e do alumnado de Comunicación Audiovisual, e os programa televisivos Zigzag e Desmontando Galicia

O director da Agadic, Jacobo Sutil, salientou o carácter divulgativo do curso como plataforma para difundir obras cinematográficas e televisivas con selo galego