Busca

Páxinas

16/02/2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades organizará o luns na capital alemá un acto especial arredor do noso cinema para celebrar o fito que supón a súa presenza tripla no festival con ‘Matria’, ‘Sica’ e ‘Samsara’

Estas tres longas inclúense no catálogo ‘Films from Galicia 2023’, que comeza na Berlinale a súa difusión internacional con información sobre 74 novas producións para cine e televisión

Os representantes dunha quincena de empresas e entidades viaxan tamén a Berlín como parte da delegación galega no mercado profesional paralelo á mostra

16/02/2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta as modalidades do programa, no que destaca a segunda convocatoria das Bolsas REGA de apoio á creación e a apertura das residencias á colaboración internacional e á arte dixital

Salienta a importancia da iniciativa que dá resposta aos obxectivos do Plan Xeración Cultura que, entre outros aspectos, afonda na internacionalización da cultura galega

Artistas de Portugal, México, Cuba e Uruguai participarán no ciclo Clásicas Desfeitas co Centro Dramático Galego

15/02/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades asistiu esta tarde en Santiago á presentación da nova entrega da serie, producida por Ficción para Prime Video e rodada en Galicia con subvención do Hub Audiovisual da Xunta

Referiuse aos recentes éxitos dos profesionais galegos nos Goya ou ás seleccións de ‘Matria’, ‘Sica’ e ‘Samsara’ na Berlinale para contextualizar o bo momento creativo e empresarial que vive o sector na nosa Comunidade

15/02/2023

O director de Industrias Culturais participa na presentación da nova proposta da compañía compostelá, que poderá verse no Teatro Principal o xoves 23 e o venres 24

A compañía recibiu unha axuda autonómica de preto de 59.000 euros a través da convocatoria para creación escénica de 2022

Alex Sampayo dirixe e adapta esta obra de Juan Mayorga sobre os abusos na infancia, que interpretan Machi Salgado, Belén Constenla, Guillermo Carbajo, Mónica García, Roberto Leal, Rubén Porto e Fran Lareu

14/02/2023

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presenta esta iniciativa que se inicia de xeito piloto nas comarcas dos Ancares, A Fonsagrada, Sarria, Verín e A Limia



Permitirá o préstamo de libros, películas, música, xogos e publicacións periódicas, conta con conexión a internet e tamén se encarga de expedir carnés de usuario



Dúas veces ao mes, situarase nas zonas máis concorridas de cada localidade e tamén realizará un percorrido polas aldeas cun servizo personalizado porta a porta

13/02/2023

O conselleiro de Cultura visita o centro xunto á alcaldesa, Nidia Arévalo, onde a Xunta destina 250.000 euros para a súa modernización e mellora

08/02/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presenta unha programación “ambiciosa e competitiva que aposta por novos formatos, contidos e ferramentas dixitais e que é atractiva para o conxunto da cidadanía”

Incluiranse propostas ao redor da obra de figuras como Picasso ou Lugrís, que se poderán ver no Museo de Belas Artes da Coruña e no Massó en Bueu

Terán un especial protagonismo as efemérides de grandes artistas, así como a conmemoración do 30 aniversario do CGAC e o 40 do Museo de Viladonga

07/02/2023

A nova produción da compañía teatral da Xunta poderá verse no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, do 9 de febreiro ao 2 de abril

Xurxo Cortázar, Sheyla Fariña, Cris Iglesias, Rebeca Montero, Marcos Orsi, Fran Peleteiro, Santi Romay e Toni Salgado interpretan os 47 personaxes desta proposta, que condensa os catro textos do dramaturgo inglés ambientados no Imperio Romano

Rui Madeira dirixe a versión de ‘Coriolano’, María Barcala e Xúlio Lago a de ‘Xulio César’, Sara Rey a de ‘Antonio e Cleopatra’ e Quico Cadaval a de ‘Tito Andrónico’

 

07/02/2023

O secretario xeral de Política lingüística participa na presentación da programación que a Asociación de Medios en Gaiego organiza cada 7 de febreiro