Nova: Román Rodríguez invita a redescubrir o legado de Valle-Inclán coa nova mostra da Universidade de Santiago

09/02/2023

Román Rodríguez invita a redescubrir o legado de Valle-Inclán coa nova mostra da Universidade de Santiago

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2023 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración da exposición Valle-Inclán Íntimo que se poderá ver no Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela ata o vindeiro 1 de abril. Trátase dunha proposta na que, tal e como explicou o responsable autonómico de Cultura, se fai unha recompilación documental e artística para afondar na historia dun dos legados “máis brillantes, diversos e creativos” da nosa historia.

No transcurso do acto, o representante do Goberno galego celebrou a iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela que, ademais de ofrecer novas interpretacións sobre o escritor, “brinda tamén unha nova oportunidade para coñecer a súa obra en maior profundidade e reivindicar tanto a súa figura como a importancia que tivo a súa produción para a historia da literatura galega e española”. A mostra está organizada pola Cátedra Valle-Inclán e conta co apoio, ademais da Xunta de Galicia, do Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC e do xornal La Voz de Galicia

Comparte