Busca

Páxinas

27/02/2023

Román Rodríguez destaca que ao longo das últimas tres décadas o CGAC tense consagrado como un dos centros artísticos de referencia en Galicia

“Desde a súa inauguración sempre houbo un factor común: a excelencia e aposta polo talento”, salienta o responsable autonómico de Cultura

A primeira gran cita da conmemoración é a exposición ‘Un traballo en equipo: revisión histórica do CGAC’ coas pezas máis significativas da historia do centro

26/02/2023

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2023 O conselleiro de Cultura, Educación FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse co xefe de Contidos de Prime Video España, Ricardo Cabornero, para abordar vías de colaboración conxunta dirixidas a aumentar a inclusión de producións audiovisuais en galego na plataforma.

25/02/2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visita as galerías de arte galegas que participan nesta cita, en JustMad e en Art Madrid

O representante do Goberno galego salienta o carácter estratéxico destas citas para promover o talento de Galicia e establecer contactos con artistas de todo o mundo

No marco do novo Plan Xeración Cultura, a Administración autonómica lanzará en abril unha nova convocatoria de axudas para favorecer a presenza do sector en feiras e mercados de arte

24/02/2023

O Goberno autonómico, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTVG colaboran con numerosas empresas, entidades, administracións locais e editoriais para sacar adiante un completo programa

As iniciativas, que se desenvolverán ao longo de todo o ano, abarcan os ámbitos literario, deportivo, musical, escénico, académico e escolar

Román Rodríguez asegura que dedicarlle o Día das Letras Galegas a Del Riego é un acto de auténtica xustiza”, xa que precisamente foi o autor quen impulsou a celebración desta data tan sinalada para Galicia

23/02/2023

O Goberno galego reúne os representantes dunha ducia de entidades locais asociadas a este circuíto para lles presentar a memoria de actividade de 2022 e reactivar a comisión encargada de actualizar as súas normas de funcionamento

Este aumento do investimento ata os 1,8M€ reverteu directamente nas 165 compañías escénicas e grupos musicais programados

O balance do ano pasado confirma, ademais, o progresivo regreso a niveis de programación e de asistencia de público anteriores á pandemia
 

23/02/2023

Valentín García fixo un chamamento para converter esta celebración con actividades en Padrón e Santiago nunha oportunidade “para chamar a atención de toda a sociedade sobre as causas que defendeu a escritora”

O encontro central do día ten lugar ao mediodía no Hostal dos Reis Católicos, cunha lectura de poemas seguida dunha actuación musical

22/02/2023

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación desta colaboración da compañía co creador e actor Gonzalo Cunill, que poderá verse do venres 24 ao domingo 26

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades subvenciona tanto esta montaxe como o funcionamento e o novo sistema de iluminación do espazo vigués, cunha achega global de máis de 110.000 euros

 

21/02/2023

A montaxe coa que a artista portuguesa Rita Pinheiro lles dá voz ás persoas que exercen a prostitución pode verse este xoves día 23 na sede do Centro Dramático Galego en Santiago dentro do ciclo ‘Quintas do Camões’

O venres 24 estréase neste mesmo espazo ‘Soños’, unha coprodución da ONG Igaxes con Artefeito e Culturactiva que busca rachar prexuízos sobre a mocidade tutelada

20/02/2023

Esta noite terá lugar o acto especial ‘Cebrating Galician Berlinale’, ao que está prevista a asistencia de distribuidoras, axentes de venda e prensa especializada

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, que acompaña á nosa delegación artística e empresarial en Berlín, referírese á presenza de Galicia como “a mellor oportunidade” para seguir fortalecendo “un sector clave na economía”