Busca

Páxinas

09/03/2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades subvenciona esta produción cunha achega de preto 44.000 euros, ademais de contribuír á súa exhibición no circuíto autonómico de espectáculos que promove con 40 entidades locais galegas

Tito Asorey e Noemi Rodríguez dirixen as actrices Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos e Patricia Castrillón, que se meten na pel de múltiples personaxes para contar a “intrahistoria” do roubo do Códice Calixtino

07/03/2023

Xa están á venda as entradas para os recitais dos conxuntos británicos The Orlando Consort e Kosmos Ensemble, os portugueses Americantiga Ensemble e Quarteto Alcipe e o pianista galego Fabio Álvarez

07/03/2023

O evento organizado pola Consellería de Cultura e a asociación Escena Galega reunirá os profesionais do sector do 29 de maio ao 1 de xuño en Santiago

A inscrición de espectáculos de produción galega pode realizarse ata o 15 de marzo na renovada web www.galiciaescenapro.gal
 

07/03/2023

O Goberno autonómico leva a Italia un expositor propio para facilitar as reunións de traballo e a actividade comercial dos profesionais galegos
 

O Plan Xeración Cultura centra un dos seus eixes de actuación na promoción exterior a través da participación en feiras internacionais
 

06/03/2023

O conselleiro destaca “a influencia que tivo Galicia para grandes referentes globais e a relevancia cultural da nosa terra constatada a través de décadas de creación”

A exposición, comisariada por Antón Reixa e Xosé Luís García Canido, abre ao público mañá martes e poderá visitarse no Museo Gaiás da Cidade da Cultura ata o 11 de xuño

‘Detrás do espello’ componse de arredor de 300 pezas que exploran a pegada da nosa terra na vida ou a obra de figuras internacionais das artes, as letras, a ciencia ou o pensamento que nos visitaron ao longo do último século

06/03/2023

Os galardóns abren do 13 de marzo ao 3 de abril a inscrición de proxectos candidatos como paso iniciar o proceso que culminará na gala de entrega do 7 de xuño

 

05/03/2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades financia con ata 165.000 as actividades de documentación, investigación e difusión
 

Nesta edición benefícianse un total de 10 centros municipais e outros 11 vinculados a fundacións e entidades no marco do Plan Xeración Cultura que, entre os seus cometidos, busca mellorar e actualizar o legado e as infraestruturas culturais
 

04/03/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades visita este monumento no que se actuará cun prazo de execución aproximado de 12 meses

A actuación, dirixida a evitar o deterioro do conxunto arquitectónico, eleva o investimento do Goberno galego neste Ben de Interese Cultural a 3,5 M€