Busca

Páxinas

04/04/2023

Diríxese a escritores galegos e irlandeses que realizarán a súa estadía na Residencia Literaria 1863 da Coruña e no Tyrone Guthrie, centro empregado como retiro artístico

04/04/2023

Centrada na relación entre arte e movemento, a mostra achega unha destacada escolla de obras de grandes mestres da pintura e da fotografía e de recoñecidos creadores actuais procedentes dunha trintena de museos de Europa

Comisariada pola galega Monserrat Pis Marcos, ‘Camiños creativos’ despídese do Museo Centro Gaiás o domingo 9 de abril

Na Semana Santa, vese reforzada tamén a oferta de visitas guiadas de balde ás exposicións e arquitectura do Gaiás

03/04/2023

 A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades concede estas subvencións como medida transversal do seu Hub Audiovisual da Industria Cultural

Incidirán na actividade industrial nos ámbitos do audiovisual, a música, as artes escénicas e a loxística e produción de espectáculos

As contías adxudicadas investiranse na adquisición de maquinaria, pantallas, cámaras, sistemas de son e iluminación ou servizos de software, así como para obras de acondicionamento de platós, estudios e outras instalacións técnicas

02/04/2023

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiron hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, á XLIII Feira do Viño de Amandi no concello de Sober, onde destacaron a importancia deste evento durante 43 edicións para promover a importancia da actividade vitivinícola na Ribeira Sacra e os viños desta denominación de orixe.

01/04/2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, subliña que esta intervención supón recuperar unha parte do patrimonio histórico do concello e a figura da artista

A actuación enmárcase nas accións da Consellería de Cultura por conservar e divulgar o legado dos creadores galegos e descentralizar a actividade cultural estendéndoa ao rural, a través de liñas de apoio para a mellora das infraestruturas culturais
 

01/04/2023

O responsable autonómico de Cultura refírese ao homenaxeado deste ano como o pioneiro e precursor da música galega popular

Entre as actividades previstas inclúense ciclos de concertos de cámara, recitais operísticos, espectáculos teatrais ou mostras bibliográficas

“Confío en que este ano os ritmos das súas cantigas soen por toda a xeografía galega para reivindicar a gran vixencia do seu legado”, salienta Román Rodríguez

01/04/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa na presentación da cuarta edición que se celebrará do 14 ao 22 de xullo co apoio da Xunta

31/03/2023

O director xeral de Cultura participa na inauguración da exposición, que reúne 44 pezas do pintor malagueño e que se completará con dous proxectos expositivos máis ata outubro

Anxo M. Lorenzo destaca a vinculación deste centro co autor e a súa contribución con varias pezas á exposición ‘Picasso, branco no recordo azul’

31/03/2023

A actuación impulsada polo Goberno galego con preto de 700.000 € ten por obxectivo recuperar a calzada e mellorar as condicións de accesibilidade ao castelo

A intervención forma parte do compromiso da Administración autonómica coa conservación do patrimonio cultural da Comunidade e permiten incrementar e reforzar o valor deste espazo medieval

Os traballos sacaron á luz unha poterna, un elemento destacado da muralla medieval que será incorporado como un elemento de interese no conxunto

31/03/2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado dos directores dos centros, presenta a programación para os vindeiros meses

Haberá mostras sobre Picasso, a arquiveira Olga Gallego, a fotógrafa Mary Quintero ou a mestra María Barbeiro, entre outras