Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 769
- 770
- 771
- 772
- 773
- 774
- 775
- 776
- 777
- …
- seguinte ›
- última »
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na apertura da exposición ‘Escenarios de paixón’, que pode visitarse ata o 25 de xuño
Percorre as diferentes etapas da vida e da actividade interpretativa da actriz coruñesa, cuxo centenario se celebrou o pasado ano
Unha decena de novos artistas participan neste programa, que avanza na súa primeira fase de titorías grupais e personalizadas xunto a profesionais como os produtores Paco Loco e Javier Limón, a manager Eva Planas, a avogada Lucía Sánchez, Unai Fresnedo da axencia Taste The Floor ou Alberto Cantúa de Vive Suecia
A segunda etapa dedicarase á promoción e difusión dos proxectos a través da súa participación en circuítos de concertos, festivais, encontros cos medios de comunicación e asistencia a foros profesionais
Inicia a súa difusión entre os axentes acreditados no festival Dansa València, un dos encontros estratéxicos cara á promoción exterior da produción coreográfica galega
O lanzamento desta iniciativa responde a unha das medidas do Plan Integral para a Danza de Galicia dentro do eixe relacionado co impulso á exhibición e contratación desta disciplina escénica
‘Picasso a través do cine’ arrancará o martes 25 de abril as 19,30 horas cos filmes ‘Guernica’ de Robert Hessens e Alain Resnais e ‘Picasso’ de Luciano Emmer
A iniciativa forma parte das actividades deseñadas arredor da mostra ‘Picasso branco no recordo azul’ que se pode ver no Museo de Belas Artes da Coruña ata xuño
As subvencións ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais distribúen 380.000€ entre 13 produtoras para os traballos previos cara á súa rodaxe nos vindeiros anos
Destínanse máis de 170.000€ a cines de 12 localidades para a súa programación, especialmente de cine galego, así como para a crear e fidelizar públicos
O director xeral de Cultura participa na presentación da nova edición desta iniciativa que mestura música e patrimonio no rural e volve contar co apoio do Goberno autonómico
O titular de Cultura do Goberno galego, Román Rodríguez, encadra esta colaboración no propósito de “avanzar nun maior coñecemento do legado de Castelao”, lembrando tamén o obxectivo de consolidar o Gaiás como “rótula do sector cultural galego”
O presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, salienta o compromiso da institución para “achegar a figura de Castelao á cidadanía do mundo con todos os medios e en todos os soportes”
Cidade de México, 17 de abril de 2023 O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asistiu no Centro Cultural de España en México á representación da obra teatral Canta máis luz, máis sombra, unha coprodución do Centro Dramático Galego e a Compañía Nacional de Teatro do país mexicano.
Camaleño (Cantabria), 16 de abril de 2023 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, representou hoxe a Galicia no inicio do Ano Xubilar Lebaniego 2023-24 coa participación no acto de apertura da Porta do Perdón do Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, no concello de Camaleño, en Cantabria. Este santuario, fundado no século VII, é un referente da Cristiandade e un dos lugares santos de peregrinación desde a Idade Media.






