Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 765
- 766
- 767
- 768
- 769
- 770
- 771
- 772
- 773
- …
- seguinte ›
- última »
Resólvese a segunda convocatoria desta liña subvencións, que achega máis de 1,2M€ a 40 infraestruturas de artes escénicas e musicais públicas e privadas
A Consellería de Cultura está a contribuír con esta medida á renovación dos sistemas de iluminación, vídeo, audio e comunicación en rede, maquinaria escénica, xestión artística e produción, así como á rehabilitación dos edificios
‘O prisma dos sentidos’ eríxese como unha capela contemporánea onde deterse a meditar gozando dunhas vistas privilexiadas sobre Compostela
Román Rodríguez salienta a conexión da obra co Camiño de Santiago pola súa localización paralela á Vía da Prata e por inspirarse nos santuarios e pequenos refuxios empregados polos peregrinos
A obra de Acisclo Manzano engádese a outras creacións de recoñecidos artistas galegos como Manolo Paz ou Francisco Leiro, tamén de temática xacobea
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, presenta as actividades para profesionais e para público xeral de balde que se concentrarán en sete espazos de Santiago de Compostela do 29 de maio ao 1 de xuño
O programa inclúe a exhibición de 19 montaxes, presentacións ‘pitching’ doutros 12 proxectos, máis de 400 reunións de negocio, dúas mesas redondas sobre mediación cultural e a presenza do circo e a danza en feiras e circuítos, e dous concertos
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da orde de axudas da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades cun investimento de 200.000 euros
O obxectivo da actuación que promove a Consellería de Cultura é resolver as diferentes patoloxías que afectan á conservación do ben e evitar o seu deterioro
O evento ‘Cara a un patrimonio cultural accesible e inclusivo. Unha visión holística do patrimonio cultural’ será inaugurado mañá pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez
A cita celebrarase o xoves e o venres no Pazo de San Roque coa participación de investigadores e profesores de física da Universidade de Santiago de Compostela e profesionais das áreas xurídica e arquitectónica
A empresa Obras Gallaecia, gañou o contrato por máis de 570.000€ para garantir a protección e conservación deste Ben de Interese Cultural
A actuación terá unha duración aproximada de cinco meses e permitirá eliminar as filtracións de auga no ciborio e frear o proceso de arenización na fachada
Lourenzá (Lugo), 17 de maio de 2023 No seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, pronunciado en 1960, Francisco Fernández del Riego fai un repaso pola evolución da lingua galega: refírese á que el chama “hora romántica”, na que o idioma se entende como instrumento de creación lírica; sitúa o xurdimento do galego como medio de comunicación cultural e social na etapa das Irmandades da Fala; e á Xeración Nós atribúelle o mérito de lograr que a nosa lingua acade todos os eidos da cultura.
O Museo de Belas Artes da Coruña abrirá en horario especial mañá mércores, de 10,00 a 14,00 e de 16,30 a 20,00 horas, e o sábado, cando se poderá visitar ata as 23,30 horas coincidindo coa noite dos museos
Programaranse visitas guiadas todos os días e o sábado organízase o xogo colectivo ‘Picasso infinito’, de acceso libre, para recrear unha obra de Picasso
Ata xuño continúan as actividades paralelas entorno á mostra ‘Picasso branco no recordo azul’ para conmemorar o 50 aniversario da morte do artista
A Xunta convida a festexar a primavera correndo a Holi Gaiás o sábado 3 de xuño na Cidade da Cultura
Xa están abertas as inscricións na web da Federación Galega de Atletismo
A proba, que vai pola súa quinta edición e gozou de gran éxito nos anos anteriores, comeza ás 12,00 horas da mañá cun percorrido de cinco quilómetros
A iniciativa conta co patrocinio de Viaqua e a colaboración da Federación Galega de Atletismo, Coca-Cola e Gadis









