Busca

Páxinas

02/06/2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación da mostra que pode verse desde hoxe e ata o 10 de setembro no primeiro andar do museo

Subliña que se enmarca na liña de traballo da Xunta por revisar a obra de artistas galegos de media carreira na programación expositiva do museo
 

01/06/2023

O director de Industrias Culturais participa no encontro dos responsables do proxecto ‘European Writers Club’ cos creadores galegos convidados a varias das actividades que se están a celebrar no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

Ademais, 25 profesionais do audiovisual galego asistirán o sábado á master class que impartirá na capital ourensá Antoine Le Bos, director do espazo francés Le Groupe Ouest, referente europeo no asesoramento en creación de contidos

31/05/2023

Resólvese a segunda convocatoria desta liña subvencións, que achega máis de 1,2M€ a 40 infraestruturas de artes escénicas e musicais públicas e privadas

A Consellería de Cultura está a contribuír con esta medida á renovación dos sistemas de iluminación, vídeo, audio e comunicación en rede, maquinaria escénica, xestión artística e produción, así como á rehabilitación dos edificios
 

30/05/2023

‘O prisma dos sentidos’ eríxese como unha capela contemporánea onde deterse a meditar gozando dunhas vistas privilexiadas sobre Compostela

Román Rodríguez salienta a conexión da obra co Camiño de Santiago pola súa localización paralela á Vía da Prata e por inspirarse nos santuarios e pequenos refuxios empregados polos peregrinos

A obra de Acisclo Manzano engádese a outras creacións de recoñecidos artistas galegos como Manolo Paz ou Francisco Leiro, tamén de temática xacobea

 

26/05/2023

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, presenta as actividades para profesionais e para público xeral de balde que se concentrarán en sete espazos de Santiago de Compostela do 29 de maio ao 1 de xuño

O programa inclúe a exhibición de 19 montaxes, presentacións ‘pitching’ doutros 12 proxectos, máis de 400 reunións de negocio, dúas mesas redondas sobre mediación cultural e a presenza do circo e a danza en feiras e circuítos, e dous concertos

25/05/2023

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da orde de axudas da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades cun investimento de 200.000 euros

24/05/2023

O obxectivo da actuación que promove a Consellería de Cultura é resolver as diferentes patoloxías que afectan á conservación do ben e evitar o seu deterioro

24/05/2023

O evento ‘Cara a un patrimonio cultural accesible e inclusivo. Unha visión holística do patrimonio cultural’ será inaugurado mañá pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez

A cita celebrarase o xoves e o venres no Pazo de San Roque coa participación de investigadores e profesores de física da Universidade de Santiago de Compostela e profesionais das áreas xurídica e arquitectónica

23/05/2023

A empresa Obras Gallaecia, gañou o contrato por máis de 570.000€ para garantir a protección e conservación deste Ben de Interese Cultural

A actuación terá unha duración aproximada de cinco meses e permitirá eliminar as filtracións de auga no ciborio e frear o proceso de arenización na fachada

17/05/2023

Lourenzá (Lugo), 17 de maio de 2023 No seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, pronunciado en 1960, Francisco Fernández del Riego fai un repaso pola evolución da lingua galega: refírese á que el chama “hora romántica”, na que o idioma se entende como instrumento de creación lírica; sitúa o xurdimento do galego como medio de comunicación cultural e social na etapa das Irmandades da Fala; e á Xeración Nós atribúelle o mérito de lograr que a nosa lingua acade todos os eidos da cultura.