Busca

Páxinas

  • Galicia Escena PRO 2014
16/09/2014

Este mercado galego de artes escénicas desenvolverase do 3 ao 5 de novembro coa exhibición dun máximo de 23 espectáculos en cinco escenarios de Santiago

O prazo de remisión de propostas, tanto para as modalidades de representación completa como de ‘showcase’, remata o 30 de setembro na Agadic
 

01/07/2026

A praza de Compostela acolle ata o vindeiro martes obradoiros, concertos, contacontos, teatro e sinaturas de libros, entre outras actividades

O director xeral de Cultura pon en valor “o impulso do Goberno galego a este sector, entre o que se atopa a tan importante creación literaria, á que destinamos máis de 4,2M € nos últimos anos”

A seguinte parada do circuíto impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías será Ponteareas, do 9 ao 12 de xullo

21/05/2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participaron hoxe en Ribeira na presentación de dúas das accións máis importantes do Plan da Cultura Marítima de Galicia – Horizonte 2030 (PCUMA)

O Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia é un inventario exhaustivo e pioneiro, que pon en valor a herdanza litoral galega mediante a catalogación de 1.452 bens singulares

07/05/2026

O Diario Oficial de Galicia anuncia as bases dirixidas a publicar obras orixinais en galego noutras linguas e para ler en galego títulos relevantes doutras culturas

Con estas liñas de axuda, con 200.000€, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude favorece a internacionalización da creación literaria da Comunidade á vez que facilita o acceso da cidadanía a gozar de libros no seu propio idioma

07/05/2026

A praza foi cuberta a través dunha convocatoria en comisión de servizos, un procedemento previsto na normativa de emprego público

Torres é licenciado en Historia, con especialidades en Prehistoria, Arqueoloxía, Historia Antiga e Medieval

O novo director, que viña desenvolvendo a súa actividade profesional como técnico no propio museo, sucede no posto a Elena Varela, que se xubilou no mes de abril

01/02/2026

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude contribúe a esta nova produción de Vaca Films para Netflix cunha subvención de 300.000 euros para a súa gravación en numerosas localizacións galegas

A praza do Obradoiro e a contorna da catedral de Santiago está a acoller varias xornadas de rodaxe

Luis Tosar e Tristán Ulloa protagonizan esta miniserie de época baseada no caso real de Romasanta, o primeiro asasino en serie documentado en España

19/07/2025
  • O recoñecemento ao escritor rianxeiro enmárcase dentro da programación do ‘Ano Castelao’, coincidindo co 75 aniversario da súa morte
  • O director xeral de Cultura destaca na celebración no Carballiño a “gran demostración da riqueza cultural, literaria e lingüística galega que supón este acto, cun valor engadido como é a contorna natural do espazo”
23/05/2025

A Xunta subvenciona a organización do festival de Cans a través da convocatoria de axudas, que este ano distribúe 300.000€ entre 10 encontros de referencia no sector

Proxéctanse 120 filmes, dos que 40 son estreas en Galicia, con obras marcadas por temáticas como despoboamento, a memoria ou a identidade rural

A película ‘Antes de nós’, dirixida por Ángeles Huerta e apoiada polo Goberno galego, protagonizou onte a apertura oficial

10/04/2025

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude agradece o labor da Asociación de Amigos de Valle-Inclán para “poñer en valor o legado dun dos nosos autores máis ilustres”

No acto tamén se presentou unha nova edición do Festivalle, que se celebrará do 8 ao 11 de xullo en Vilanova de Arousa con representacións teatrais, cursos académicos e proxeccións

10/04/2025

‘Sirat’, de Oliver Laxe, e ‘Romería’, de Carla Simón, serán ademais as únicas producións españolas que competirán este ano pola Palma de Ouro

Laxe estreará o seu novo filme no prestixioso festival francés, que o recibe na súa sección central despois do éxito dos seus tres anteriores traballos nas competicións paralelas da mostra gala

Carla Simón presenta a súa terceira longametraxe, filmada en Galicia co apoio do fondo para a atracción de rodaxes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude