Busca

Páxinas

17/11/2017

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presidiu a primeira xuntanza de traballo para a planificación da acción cultural da comunidade para os vindeiros catro anos

Esta reunión —na que participaron representantes dos eidos musical, do libro, das artes plásticas, do audiovisual e da xestión cultural— enmárcase dentro dos múltiples encontros de ámbito territorial e sectorial que terán lugar nos próximos meses

 

  • Parte do Grupo Nós. Imaxe: Wikimedia.
16/11/2017

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presidiu hoxe a primeira reunión para deseñar unha folla de ruta ampla e consensuada da homenaxe a este colectivo en 2020, coincidindo coa fundación da revista Nós

Na xuntanza estiveron presentes representantes das Deputacións Provinciais, dos concellos, das universidades e das principais institucións culturais de Galicia

 

14/11/2017

Son coñecidos polo seu retrato da rexión de Trás-os-Montes nunha serie de películas que, dende a ficción, mudaron a forma de ver o cine etnográfico

O ciclo é posible grazas á colaboración co Festival de Cine Europeo de Sevilla, a través do cal tamén se poderá ver dende mañá unha selección dos mellores traballos do cine experimental británico nos anos sesenta e setenta

  • Concello de Crecente
13/11/2017

O departamento dirixido por Roman Rodríguez contribuirá con 35.000 euros á dotación dos locais de dúas asociacións da parroquia de Albeos e do auditorio municipal 

  • O CGAI pechará o ano cun ciclo dedicado ao cineasta Jean-Pierre Melville
31/10/2017

A Filmoteca de Galicia continúa coa celebración do centenario de Fernando Rey e recupera a obra dos cineastas lusos António Reis e Margarida Cordeiro na súa última carteleira bimestral de 2017

31/10/2017

Por feiras e mercados: Ver, mercar, vender... é o título da exposición do AHPL, que reúne 60 fotografías tomadas ao longo do século XX

A mostra, que inaugura esta tarde o secretario xeral de Cultura, poderá visitarse no centro arquivístico de xestión autonómica ata o 31 de xaneiro de 2018

 

30/10/2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na apertura do congreso