Busca

Páxinas

  • O xacemento, que se incluiría na categoría de zona arqueolóxica, presenta un gran valor histórico e arqueolóxico
23/12/2017

O xacemento, que se incluiría na categoría de zona arqueolóxica, presenta un gran valor histórico e arqueolóxico e trátase, dentro dos existentes en toda a Península Ibérica, dun dos máis extensamente escavado, investigado e posto en valor

É un dos únicos campamentos militares romanos permanentes coñecidos en Galicia, xunto co de Cidadela en Sobrado dos Monxes

 

Estado de tramite:

21/12/2017

As escenografías e pezas pertencen á compañía galega La Fiesta Escénica, que está a producir espectáculos circenses de éxito por todo o mundo, desde Roma ata Las Vegas

Esta mostra supón o arranque da programación de Nadal no Gaiás, que se estenderá do 21 de decembro de 2017 ata o 7 de xaneiro de 2018

O Museo Centro Gaiás acollerá nas vacacións escolares campamentos infantís e espectáculos que xirarán tamén ao redor do circo

 

21/12/2017

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de subvencións de 2018 para incorporar á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia novidades editoriais en galego, así como diverso material para actualizar as coleccións

Os concellos poden presentar as solicitudes ata o vindeiro 22 de xaneiro

  • Otoño, cadro de Quessada | Imaxe: Afundación
20/12/2017

A Sala de Exposicións de Afundación en Ourense acolle, ata marzo de 2018, unha escolma da súa obra centrada na defensa dos dereitos humanos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora nesta iniciativa para poñer en valor a figura do artista

  • Imaxe: Facebook da Banda Municipal de Santiago de Compostela
19/12/2017

A Xunta apoia a Asociación de Amigos da Banda de Música de Santiago na organización deste encontro, que terá lugar o 12 de maio na Cidade da Cultura dentro dos actos conmemorativos do 170º aniversario da formación compostelá

Contarase coa participación de figuras como Antón García Abril, José Rafael Pascual Vilaplana e Joan Matabosch

 

  • Biblioteca Miguel González Garcés
19/12/2017

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou as dependencias, onde coincidiu cun grupo de estudantes de segundo e terceiro da ESO do IES Elviña

A programación para o Nadal inclúe a exposición Camiño a Viena, unha mostra de debuxos escolares composta por 200 traballos procedentes de 22 países

 

  • Teatro Principal de Ourense
19/12/2017

A Xunta colabora na nova carteleira con cinco espectáculos

Dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios que promove a Agadic, o escenario ourensán ofrecerá Nacidas libres de Contraproducións, O servidor de dous amos de Talía Teatro, Blackbird de Pavón Teatro Kamikaze e Emilia de Teatro del Barrio

En maio recibirá o Centro Dramático Galego coa súa versión da obra de Valle-Inclán Divinas palabras

19/12/2017

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presidiu unha xuntanza de traballo cunha vintena de representantes da cidade da oliveira, co fin de afondar na planificación da acción cultural da comunidade para os vindeiros catro anos

A reunión enmárcase dentro dos diversos encontros territorial e sectoriais que se están levando a cabo dentro do proceso compartido e participativo coas institucións, entidades, colectivos e profesionais do ámbito da cultura

18/12/2017

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou hoxe ao serán a Antía Cal na presentación da obra O arte e a súa historia, que publica Laiovento en edición facsímile coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto, que se celebrou na compostelá Libraría Couceiro, tamén participaron Antón Beiras e Xosé Manuel Beiras.