Busca

Páxinas

04/01/2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concede estes galardóns en recoñecemento ao alumnado do sistema educativo galego que cursa as modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño

02/01/2018

O programa Gran teatro para os máis pequenos ofrece mañá e o xoves dúas funcións desta proposta de Teatro do Noroeste, ás que lles precederán dúas sesións do obradoiro Soa igual a diferenza

Eduardo Alonso é o autor e director desta comedia musical para público familiar, que interpretan Imma António e Manuela Varela

A programación de xaneiro na sede do CDG inclúe a representación de Réquiem por un monicreque, de Os monicreques de Kukas, e a estrea de camiños en coprodución con ButacaZero

02/01/2018

Cambados, Gondomar, Ames, Neda, Fene, Viana do Bolo, Muros, Abegondo, Muxía, Viveiro, O Carballiño, Sarria e Neda acollen as últimas actividades da sexta edición do programa

Desde mediados de decembro ata este domingo, o programa percorre 41 concellos da Rede de Dinamización Lingüística

 

27/12/2017

Divinas palabras dirixida por Xesús Ron centra a actividade do CDG xunto a catro coproducións e os programas de dramaturxias e residencias

O conselleiro de Cultura presentou hoxe a nova produción propia e o resto da programación da compañía pública, que continúa afondando na obra de Valle-Inclán para incorporala ao repertorio teatral en galego

#camiños de ButacaZero, Arnoia, Arnoia de Pistacatro e Anarquismos de Pablo Fidalgo súmanse á xa estreada Elisa e Marcela de A Panadaría como coproducións da temporada 2017-2018

  • O xacemento, que se incluiría na categoría de zona arqueolóxica, presenta un gran valor histórico e arqueolóxico
23/12/2017

O xacemento, que se incluiría na categoría de zona arqueolóxica, presenta un gran valor histórico e arqueolóxico e trátase, dentro dos existentes en toda a Península Ibérica, dun dos máis extensamente escavado, investigado e posto en valor

É un dos únicos campamentos militares romanos permanentes coñecidos en Galicia, xunto co de Cidadela en Sobrado dos Monxes

 

Estado de tramite:

21/12/2017

As escenografías e pezas pertencen á compañía galega La Fiesta Escénica, que está a producir espectáculos circenses de éxito por todo o mundo, desde Roma ata Las Vegas

Esta mostra supón o arranque da programación de Nadal no Gaiás, que se estenderá do 21 de decembro de 2017 ata o 7 de xaneiro de 2018

O Museo Centro Gaiás acollerá nas vacacións escolares campamentos infantís e espectáculos que xirarán tamén ao redor do circo

 

21/12/2017

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de subvencións de 2018 para incorporar á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia novidades editoriais en galego, así como diverso material para actualizar as coleccións

Os concellos poden presentar as solicitudes ata o vindeiro 22 de xaneiro

  • Otoño, cadro de Quessada | Imaxe: Afundación
20/12/2017

A Sala de Exposicións de Afundación en Ourense acolle, ata marzo de 2018, unha escolma da súa obra centrada na defensa dos dereitos humanos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora nesta iniciativa para poñer en valor a figura do artista

  • Imaxe: Facebook da Banda Municipal de Santiago de Compostela
19/12/2017

A Xunta apoia a Asociación de Amigos da Banda de Música de Santiago na organización deste encontro, que terá lugar o 12 de maio na Cidade da Cultura dentro dos actos conmemorativos do 170º aniversario da formación compostelá

Contarase coa participación de figuras como Antón García Abril, José Rafael Pascual Vilaplana e Joan Matabosch