Busca

Páxinas

19/03/2018

A publicación recolle, entre outras, as achegas dos directores científicos do simposio sobre Valle-Inclán celebrado o ano pasado en Roma

O novo número da publicación foi presentado en Santiago pola consellería de Cultura e a asociación de amigos de Valle-Inclán 

  • O seu equipo artístico e técnico avanza na materialización de todos os elementos escénicos que contribuirán a situar no tempo presente a coñecida obra de Valle-Inclán
14/03/2018

O CDG avanza na produción de Divinas Palabras Revolution como adaptación desinhibida da obra de Valle-Inclán

Os ensaios co elenco desenvólvense ao tempo que o equipo artístico e técnico materializa a escenografía, música, iluminación, vestiario, caracterizacións e vídeos que trasladarán á actualidade esta coñecida traxicomedia

12/03/2018

A mostra reúne 192 obras de moitos dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos

Trátase da exposición máis ambiciosa realizada nos últimos anos sobre arte galega, que permitirá comprender a súa dimensión universal

Na inauguración interpretaranse dúas pezas de Jesús Bal y Gay, compositor lucense moi vencellado ás correntes artísticas do momento

 

05/03/2018

Houbo tamén máis de 18.000 participantes na programación complementaria ao abeiro desta exposición, e 400 centros educativos que acudiron a vela

Feijóo di que con esta mostra fomos quen de recordar que Galicia é unha terra aberta e de sentir o que fomos quen de construír colectivamente ao longo dos séculos

Incide en que o Pergamiño Vindel nos conecta internacionalmente e proxecta a nosa creación cultural cara os lugares máis importantes do mundo

Expresa o seu convencemento de que a despedida ao embaixador Vindel é un deica logo

05/03/2018

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018.- Unha trintena de profesionais do ámbito arquivístico participan hoxe na Cidade da Cultura na iniciativa A descrición normalizada de autoridades nos arquivos, unha xornada de formación promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Subdirección Xeral de Arquivos.

  • Imaxe da cova
04/03/2018

O obxectivo da intervención é contextualizar cultural e cronoloxicamente as pinturas descubertas nesta cavidade

02/03/2018

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou nos actos de clausura da III Semana da Cultura Chinesa que tivo lugar nesta instalación

  • Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira | Imaxe: Turismo.gal
01/03/2018

Anxo Lorenzo salientou hoxe na Cámara galega a necesidade de propiciar un debate construtivo para compartir propostas e reflexións arredor do modelo cultural que precisa Galicia

Para avanzar na elaboración deste documento, nas próximas semanas iniciaranse reunións sectoriais, organizadas en diferentes grupos de traballo

Simultaneamente, para favorecer as achegas cidadás, a Consellería de Cultura habilitará un sistema de participación telemático