Busca

Páxinas

17/04/2018

A Agadic retoma a colaboración co ciclo Galicia Importa, que arranca este xoves co concerto de Asaf Avidan

O músico israelí visita por primeira vez a nosa Comunidade para actuar na Sala Capitol de Santiago

A produtora galega Sweet Nocturna organiza esta programación, que continuará con Ronnie Spector o 21 de xuño e Mercury Rev o 18 de setembro

 

Estado de tramite:

12/04/2018

A exposición sobre o fotógrafo galego, todo un referente da imaxe na cultura hispanoamericana na segunda metade do S XX, inaugúrase o 30 de abril

Nado en Castroverde (Lugo), realizou retratos de García Márquez, Vargas Llosa ou Norah Lange

Pestana, a verdade entre as mans amosa tamén a súa faciana de fotorreporteiro e as súas coidadas imaxes de denuncia social

09/04/2018

A relatora da sesión é a socióloga Gema Martín Múñoz, directora de Casa Árabe durante seis anos

Completarase cunha espectáculo sonoro e visual de Nenoescuro, inspirado na poesía sufí, e coa habitual sesión de Nexos Infantil sobre a mesma temática

A vindeira cita será o 16 de xuño sobre a renovación da música portuguesa e coa que se pechará o ciclo desta edición

  • Imaxe: Facebook de MIP Markets
08/04/2018

A Xunta promove esta misión comercial na meirande feira de formatos, programas e contidos dixitais e para televisión, onde presentará ademais a segunda edición do encontro de coprodución de series Conecta FICTION

Participan Adivina Producciones, CTV Televisión, Maruxiña Films, Pórtico de Comunicación, Treeline Distribution e Voz Audiovisual, xunto coa Agadic

04/04/2018

A relatora da sesión do sábado 14 de abril é a socióloga Gema Martín Múñoz, directora de Casa Árabe durante seis anos

Completarase cun espectáculo sonoro e visual de Nenoescuro, inspirado na poesía sufí, e coa habitual sesión de Nexos Infantil sobre a mesma temática

A vindeira cita será o 16 de xuño sobre a renovación da música portuguesa e coa que se pechará o ciclo desta edición

 

03/04/2018

A Agadic organiza a sexta edición do mercado galego de artes escénicas co obxectivo de dinamizar a contratación das montaxes producidas na nosa Comunidade de xeito profesional

Catro espazos de Santiago acollerán o programa de 2018, que incluirá 17 producións galegas, dúas madrileñas en intercambio con MADFeria e unha sesión de pitching de 10 proxectos

Estado de tramite:

31/03/2018

A Rede de bibliotecas públicas de Galicia celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil con actividades para os máis novos

Obradoiros, contacontos, mostras, espectáculos ou agasallos forman parte da oferta tanto para o propio día 2 como para toda a semana

A programación de cada un dos centros está dispoñible en cultura.gal e na app Axenda Cultura