Busca

Páxinas

  • Fanny Garrido, escritora e tradutora do século XIX
06/09/2017

Con motivo do centenario do seu pasamento, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza unha charla-concerto o luns 11 de setembro, ás 19:00 horas, na sede da Real Academia Galega, para difundir o labor escasamente coñecido desta escritora e tradutora galega de finais do século XIX

A musicóloga Laura Touriñán Morandeira debullará algunhas das claves da súa traxectoria, e o pianista Alejo Amoedo e a soprano Susana de Lorenzo interpretarán os poemas galegos desta escritora musicados por Marcial del Adalid

  • O museo do Castro de Viladonga estrea páxina web
05/09/2017

A Amtega e a Consellería de Cultura e Educación poñen en marcha o portal viladonga.xunta.gal para favorecer o acceso cidadán a este legado arqueolóxico

A Xunta de Galicia renova tamén a web e as apps de cultura.gal co obxectivo de facilitar unha navegación máis accesible desde móbiles e tabletas 

Estado do trámite:
  • Cartel do FIOT
01/09/2017

Esta tarde presentouse a carteleira que se despregará este outono e na que se inclúen tres coproducións do festival, sete estreas absolutas e sete primeiras funcións en Galicia

É un dos 20 encontros apoiados este ano a través da convocatoria pública de axudas da Agadic para festivais profesionais de artes escénicas e de música

 

29/08/2017

Triacastela (Lugo), 29 de agosto de 2017.- No marco da visita a Cova Eirós, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, anunciou que a Xunta de Galicia vai acometer a restauración de urxencia da pintura mural e do retablo da igrexa de San Cristovo de Cancelo, na mesma parroquia onde está a propia cavidade.

25/08/2017

O delegado territorial José Manuel Balseiro explicou que a Consellería de Cultura está a acometer tamén unha intervención nos cubos LXX e LXXI, co que o investimento nestas dúas actuacións ascende a preto de 600.000 euros

23/08/2017

O folclorista e investigador galego será o protagonista da andaina do sábado 26 de agosto en Redondela, mentres que o musicólogo americano centrará a xornada do día 27 en Nogueira de Ramuín, xunto cos afiadores dos Peares

O ciclo de Cultura e Educación, que percorreu tamén este ano os concellos de Santiago de Compostela, Chantada, Camariñas, Mondoñedo, Valga e Allariz, convida a unha vivencia singular do patrimonio cultural e natural de Galicia

 

  • Cartel promocional de 'Findes na Balea'
23/08/2017

Todos os sábados de setembro realizaranse obradoiros infantís vinculados coas exposicións Da árbore á cadeira e Flor Novoneyra

Rapaces entre 5 e 10 anos crearán coas súas familias xardíns portátiles e poesías visuais, mentres que os de entre 8 e 11 traballarán coa pintura e a plástica