Busca

Páxinas

29/06/2017

Cultura achega 125.000 euros a través da Agadic para a posta en escena desta obra coa Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos baixo a dirección musical de Ramón Tébar

As representacións terán lugar no Teatro Colón da Coruña os días 1 e 3 de setembro cos solistas Gregory Kunde, Ángela Meade, Juan Jesús Rodríguez, Marianne Corneti e María Monzó nos papeis principais

 

28/06/2017

Os alemáns Rammstein encabezan un cartel que reunirá 100 bandas internacionais do 5 ao 8 de xullo na localidade lucense 

O festival recibe cada ano subvención da Agadic

27/06/2017

A plataforma en liña para a venda e distribución do fondo editorial do Goberno autonómico conta con 654 usuarios rexistrados segundo o informe presentado hoxe na reunión do Consello Coordinador de Publicacións

En 2016, a Xunta de Galicia editou un total de 424 publicacións
 

27/06/2017

O festival, promovido por Esmerarte, celebra a súa sexta edición do 13 ao 15 de xullo incorporado á programación do CulturaQuente

Iván Ferreiro, Xoel López, Triángulo de Amor Bizarro, Leiva, Carlos Jean, Niños Mutantes ou Igloo son algúns dos protagonistas desta edición

O encontro foi adxudicatario nos últimos anos dunha subvención por parte da Consellería de Educación a través da Agadic

  • Martes de Carnaval
26/06/2017

O Centro Dramático Galego remata en Compostela a exhibición deste espectáculo, que representa no Salón Teatro do 28 de xuño ao 16 de xullo, de mércores a sábado ás 21,00 h. e os domingos ás 19,30 h

Os xoves os espectadores terán a oportunidade de manter un coloquio co equipo desta produción, dirixida por Marta Pazos e integrada polas primeiras versións en galego dos esperpentos ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’

23/06/2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Argentina (INCAA) fixan no memorándum impulsar xuntos a creación de películas e series entre ambos os dous territorios

A feira de ficción televisiva impulsada pola Agadic concedeu onte os seus premios, entre os que figura o proxecto galego ‘Una casa en Amargura’, que decidiu desenvolver RTVE

Estado de tramite:

19/06/2017

A Xunta destina 58.000 euros para a promoción do patrimonio cultural e histórico do mar de Galicia coa celebración do XIII Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia

As consellerías do Mar e de Cultura e Educación asinaron cadanseu convenio coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial-Culturmar para contribuír a este evento

Estado de tramite: