Busca

Páxinas

27/02/2017

Acadou o Goya á mellor película de animación na pasada edición dos premios do cine español

19/02/2017

Ourense, 18 de febreiro de 2017.- Ourense, a cidade natal do escritor Carlos Casares, ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, conta xa cun roteiro literario en torno a súa figura.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe na presentación oficial deste percorrido polos principais lugares nos que viviu o escritor e que aparecen sinalizadas con 20 placas de cerámica nas que se reproducen diversos fragmentos da súa obra.

19/02/2017

Vigo, 17 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu hoxe en Vigo á entrega do XIV Premio Laxeiro, que a Fundación do mesmo nome outorgou ao arquitecto e escritor Jaime Garrido Rodríguez. No acto tamén estiveron presentes o presidente delegado da entidade e alcalde de Vigo, Abel Caballero; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, ademais de persoeiros da cultura, a política e o mundo empresarial.

17/02/2017

Mantense a contía destinada a esta convocatoria, para a que o prazo de solicitude estará aberto desde mañá e ata o 17 de marzo

A esta liña de apoio público, a de maior contía dirixida ao sector do cinema e a televisión en Galicia, poden optar longametraxes de ficción en imaxe real, de animación, documentais e curtametraxes, así como películas e series televisivas

17/02/2017

O proxecto ‘[Ex]posicións críticas. Discursos críticos na arte española, 1975-1995’ pon de manifesto a aparición de diferentes liñas interpretativas no ámbito artístico durante esas dúas décadas

Baixo a dirección de Santiago Olmo e comisariado por Mariano Navarro e Armando Montesinos, o proxecto expositivo inaugúrase esta tarde ás 20:00 horas

Previamente, terá lugar a primeira sesión de ‘Tentativas críticas’, un ciclo de debates arredor do panorama artístico actual que complementa o proxecto

17/02/2017

A Cidade da Cultura prepárase para acoller ‘Da árbore á cadeira’, unha reflexión sobre a identidade propia a partir dos bosques e o deseño do moble cun elemento como fío condutor: a madeira

15/02/2017

Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización recolle nunha listaxe normalizada que abranguen en conxunto preto do 90 % da poboación galega

O traballo, froito da colaboración entre a Xunta e o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, será distribuído nos xulgados de paz e rexistros civís de Galicia para facilitar a regularización dos apelidos galegos deturpados