Nova: Comezan as reunións de expertos para avanzar na Estratexia da Cultura Galega 2021

17/11/2017

Comezan as reunións de expertos para avanzar na Estratexia da Cultura Galega 2021

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presidiu a primeira xuntanza de traballo para a planificación da acción cultural da comunidade para os vindeiros catro anos

Esta reunión —na que participaron representantes dos eidos musical, do libro, das artes plásticas, do audiovisual e da xestión cultural— enmárcase dentro dos múltiples encontros de ámbito territorial e sectorial que terán lugar nos próximos meses

  • O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presidiu a primeira xuntanza de traballo para a planificación da acción cultural da comunidade para os vindeiros catro anos O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presidiu a primeira xuntanza de traballo para a planificación da acción cultural da comunidade para os vindeiros catro anos

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2017.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reuniu hoxe a unha trintena de expertos nunha primeira xuntanza de traballo para a elaboración da Estratexia da Cultura Galega 2021, un documento que será a folla de ruta da planificación da acción cultural da comunidade autónoma para os vindeiros catro anos e na que se fixarán obxectivos, liñas estratéxicas e medidas concretas para reforzar o papel da cultura como piar na creación de riqueza e emprego. Esta foi a primeira dunha rolda de reunións de traballo, sectoriais e territoriais, que se celebrarán en próximas datas para continuar definindo a Estratexia.

A xuntanza de hoxe estivo presidida polo conselleiro Román Rodríguez, e nela participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director da Agadic, Jacobo Sutil; así como representantes do eido musical, do libro, das artes plásticas, do audiovisual, da xestión cultural e das universidades.

O obxectivo final é que Galicia conte, por primeira vez, cun documento de traballo rigoroso, froito do diálogo e a cooperación entre administracións, sectores e axentes culturais.

A Estratexia da Cultura Galega 2021 estará estruturada en eixos sectoriais básicos: sector editorial e literario, sector audiovisual, sector musical, artes escénicas, artes visuais e plásticas, e patrimonio cultural.

Comparte