Busca

Páxinas

22/06/2026

O Goberno galego apoia este proxecto da produtora galega Maruxiña Film Company, xunto a Telecinco Cinema, La Pepa PC e Basque Film Services, no marco da liña de subvencións cofinanciadas con fondos FEDER da Unión Europea

‘Operación Camarón 2’ conta no elenco con 15 intérpretes galegos, entre os que figuran Diego Anido, María Mera, Alejandro Jato, Manuel Burque, María Pujalte ou Manuel Manquiña

A gravación desenvolve esta semana a súa recta final tras ter visitado Rianxo, Negreira, Vedra, Arteixo, Cambados e distintos lugares da ría de Vigo

08/06/2026

O Centro Dramático Galego recibe hoxe a Bflecha, Mwëslee e Diana Toucedo co proxecto ‘Stratos, (la piedra siempre estuvo allí)’, e o vindeiro luns chegarán Sara Somoza e Ismael Eirexas Romeü con ‘Monxa Millo Sentinela’

As estadías combinadas que se realizan estas semanas coa Cidade da Cultura de Galicia culminarán con cadansúas mostras abertas ao público os venres 12 e 19 de xuño no Salón Teatro

O programa que organiza o colectivo RPM esténdese a toda Galicia con outras oito propostas artísticas en desenvolvemento

26/05/2026

López Campos destaca o valor desta programación para a dinamización cultural por todo o territorio galego, na liña da Lei de cultura inclusiva e accesible

Salienta que se mantén o reforzo realizado nos últimos anos por parte do Goberno galego “para darlle pulo a esta dramaturxia que move máis de 6.000 espectadores”

10/04/2026
  • Salienta o bo momento que vive a cultura galega cunha candidatura aos Oscar, premios nacionais de Poesía, Circo e Danza, e un Latin Grammy
  • Destaca a aposta da Xunta por un sector que configura a identidade da comunidade con máis de 110 M€ para políticas culturais neste 2026
01/04/2026

O titular de Cultura do Goberno galego celebra o remate dos trámites da expropiación amigable, iniciados en setembro, e da declaración da prevalencia de utilidade pública

López Campos salienta que se cumpriu coa “palabra dada” de que o expediente ía estar aprobado definitivamente antes de que rematase o 2026

O Parque conta cunha extensión de 20 hectáreas, das cales 15 eran propiedade da Comunidade de Montes e entre as que se inclúe o centro de interpretación do Castro de San Cibrao de Las, un dos xacementos máis importantes de Galicia

30/03/2026
  • O Consello dá o visto e prace a este recoñecemento polo seu valor etnolóxico, relacionado coa cultura do viño, e por ser reflexo da cultura e das formas de vida do pobo galego ao longo da historia
  • Conta con informes favorables do Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego que lle dan categoría de elemento representativo sobranceiro
26/03/2026

A norma, que desenvolve a Lei de Museos aprobada en 2021, regula a creación, modificación e disolución dos centros

O representante da Xunta destaca a importancia de crear un distintivo propio para “unificar a imaxe dos 97 centros e reforzar a marca cultural da nosa Comunidade”

O texto inclúe a creación dun rexistro, a incorporación dun programa de inclusión cultural e a regulación de dous modelos de Plan museolóxico

03/03/2026

O proxecto nace a raíz dunha mostra que acolleu a Biblioteca de Galicia en 2023, agora adaptada a un formato de rúa que está a viaxar por vilas da Comunidade

A proposta fai un percorrido polas transformacións históricas das formacións musicais populares galegas desde principios do século XX ata a actualidade

‘Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia’ enmárcase nas itinerancias da Cidade da Cultura, que nutren outros lugares de contidos que se xestan no Gaiás

03/03/2026

O delegado territorial e o director xeral de cultura participaron na presentación do evento e destacaron a importancia de apoiar as iniciativas culturais que se desenvolven en Galicia

O evento terá lugar este día 8 de marzo no auditorio Afundación

11/02/2026

Os festexos do 23 de febreiro terán lugar en Santiago de Compostela, Padrón e na mesma Casa Museo dedicada a autora galega máis universal

O día da efeméride organizaranse lecturas públicas de poemas e actuacións musicais a cargo de Carapaus e da galega Uxía xunto co cantautor andaluz Javier Ruibal

O Panteón de Galegas e Galegos Ilustres acollerá o acto institucional da celebración, que volverá contar coa tradicional interpretación da ‘Alborada a Rosalía’