Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- …
- seguinte ›
- última »
A Coruña, 7 de maio de 2025
- O representante da Xunta avanza que as empresas comprometidas co galego terán vantaxe na concesión de axudas e nos procedementos do Executivo autonómico
- “Desde o Goberno galego continuamos coa man tendida para acadar un gran pacto que permita impulsar e prestixiar a lingua desde a concordia e a liberdade”, reitera
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa na inauguración desta cita enmarcada no circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia
Ata o 11 de maio, participan no parque da Alameda unha vintena de librarías e editoriais e inclúe unha programación composta por máis de 70 actividades
O representante do Goberno galego celebra que o 96,7 % dos galegos e galegas lea polo menos unha vez ao trimestre e que o número de persoas que mercan libros se sitúe por riba da media estatal
A sede do Centro Dramático Galego, o Salón Teatro de Santiago, acolle tres funcións de rosalía, cartografía de ásperas ortigas. desde mañá e ata o luns
O compostelán Roberto Salgueiro dirixe e asina a dramaturxia deste proxecto arredor do pensamento e o legado da poeta padronesa
Estes galardóns levan vinte e catro anos poñendo en valor o traballo de músicos e agrupacións que, desde distintas ópticas, revitalizan e dignifican o patrimonio musical galego
O proxecto O camiño do emprendemento musical compaxinará eventos presenciais e mentorías con artistas e profesionais do sector dirixidos ás mozas e mozos galegos que estean a barallar este campo como unha saída profesional
- O Consello autoriza a sinatura do convenio coa Academia Galega do Audiovisual para o desenvolvemento destes galardóns, que aumenta nun 16% a súa dotación respecto a 2024
- Entregaranse o vindeiro 15 de marzo en Lalín nunha gala presentada por Teté Delgado e coa música en directo de Baiuca
- As longametraxes finalistas, así como varias das curtas e series candidatas, contaron para a súa realización con subvención do Goberno galego no marco do programa anual de axudas ao sector
A Asociación Músicas ao Vivo organiza a 12ª edición dos galardóns, na que o público será protagonista tras os bos resultados da súa participación nas votacións de 2024
A gala de entrega desenvolverase o vindeiro 28 de maio en Pontevedra e terá unha estreita relación coa celebración do Día das Letras Galegas, dedicado ás cantareiras e á poesía oral tradicional
A convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia diríxese a concellos e entidades sen fin de lucro galegas
Os interesados poderán recibir ata 7.000€ para garantir a custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos
O prazo de solicitudes está aberto ata o 14 de marzo
Lugo, 18 de decembro de 2024
A Biblioteca Pública da Xunta en Lugo acollerá mañá ás 19.00 horas o ‘Concerto de Nadal’ do Orfeón Lucense, co que inaugura a programación especial con motivo destas festas. O venres día 20 tomará o relevo Zuma, grupo galego de tributo á banda de música Los Secretos, e o día 27 “La penúltima sabinera” co seu tributo a Sabina, ambas actuacións a partir das 20.00 horas.








