Busca

Páxinas

18/03/2026

A montaxe poderá verse no Salón Teatro de Santiago de Compostela desde o 19 de marzo ata o 3 de maio con funcións de mércores a domingo ás 18,00 h

A versión galega do clásico de Shakespeare, adaptada por Vanesa Sotelo e Tito Asorey, dialoga co presente desde unha proposta escénica de gran formato a cargo de 16 intérpretes

A temporada de representacións complétase cun conxunto de actividades paralelas e accións de accesibilidade, transporte e mediación que prevén mobilizar preto de 2000 asistentes

20/01/2026
  • O Consello deu o visto e prace a norma que desenvolve a Lei de Museos aprobada en 2021 e que dotou o sector dun marco xurídico e dunha identidade propia
  • O texto inclúe a creación dun distintivo de identificación para unificar a imaxe do Sistema Galego de museos e un rexistro
  • Distingue dous modelos diferentes de Plan museolóxico segundo o carácter da institución e tendo en conta as súas áreas funcionais
16/01/2026

A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, diríxese a concellos e entidades sen fin de lucro titulares de museos, coleccións ou centros de interpretación

Os interesados poden recibir ata 8.000€ para inventariar, catalogar e documentar os fondos, así como para adquirir novo equipamento

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude abre desde hoxe, e ata o 16 de febreiro, o prazo para presentar solicitudes a estas achegas

19/12/2025

López Campos destaca que o ano remata con preto de 1,4 millóns de visitas, sendo o exercicio no que se organizaron máis actividades culturais

As itinerancias expositivas baten récords, con 11 mostras exhibidas en Madrid, Zamora, Vigo, Lugo, Pontevedra ou A Coruña, e en vilas como Baiona, Ponteareas ou Ribadavia

Exposicións como ‘Orixes’ ou ‘Castelao. Mirar por Galicia’ obteñen recoñecementos que acreditan a calidade de proxectos dixitais producidos en Galicia

19/12/2025

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases para que aquelas persoas físicas ou xurídicas incorporen as súas propostas de cara a ser seleccionadas para a programación nas bibliotecas públicas galegas

12/12/2025

O director xeral de Patrimonio Cultural traslada no Parlamento o total compromiso do Goberno galego coa súa conservación e para que as creacións poidan estar á disposición da cidadanía nas mellores condicións

Ángel Miramontes empraza á Deputación da Coruña a sumarse á mesa de traballo activada en xuño

04/12/2025

A normativa busca renovar a regulación destes centros e o seu valor dentro do ecosistema cultural galego tendo en conta os cambios sociais das últimas décadas

Os interesados en enviar achegas, propostas e opinións xa o poden facer no Portal de Transparencia

25/11/2025

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais visitou o equipo do filme producido polas empresas Sétima e Sideral durante unha secuencia gravada na estación de autobuses da localidade

A película está dirixida polo vigués Guillermo de Oliveira, quen asina o guión xunto con Miguel Barros, e conta con Pepe Lorente e Iván Marcos como actores protagonistas

O proxecto foi adxudicatario en 2025 de 320.000 euros para a súa produción por parte da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e obtivo tamén axudas en anos anteriores para escrita do guión e desenvolvemento

19/11/2025

Anxo M. Lorenzo erixe esta zona nun “nidio exemplo” de como a paisaxe “define e configura a cultura dun territorio e forma parte indisociable da mesma”

Salienta o seu amplo patrimonio arquitectónico, hidráulico e de oficios vencellados coa auga, “como cerna dunha creación e programación cultural propia e singular”

16/11/2025

Destaca que Galicia conta cun Goberno que “cumpre cos seus compromisos” e que “seguiremos apostando por esa Galicia Calidade da que cada vez máis galegos e galegas se poidan sentir orgullosos”

Sinala que a comunidade chegará en 2026 aos 100.000 dependentes atendidos e contará co primeiro centro de protonterapia da sanidade pública en España

No eido da I+G+i, a ciencia e innovación galega, crearase a Fundación Galtia e arrincará a Fábrica de Intelixencia artificial