Busca

Páxinas

16/10/2024

Ferrol, 16 de outubro de 2024

Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participaron hoxe na inauguración da mostra 1970-2024 Desassossegos Manuel Patinha que se expón no centro cultural ferrolán Torrente Ballester. Na súa intervención, Diego Calvo salientou a ampla e diversa traxectoria deste artista luso afincado desde hai anos en Galicia, ademais de incidir na importancia da divulgación da súa obra e de que o seu coñecemento se transmita tamén a xeracións futuras.

16/10/2024

A Xunta subvenciona esta produción con 300.000 euros a través do seu fondo para a atracción de gravacións audiovisuais, dotado con 2M€ na convocatoria de 2024

Neste segundo semestre do ano, a nosa Comunidade está a ser o escenario para seis películas e series co apoio económico do Goberno galego

15/10/2024

Organizada pola Asociación Galega de Produtoras Independentes, conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais

Na sesión abordáronse cuestións como as deducións e transferencias de crédito fiscal en producións de cine, as formas xurídicas para encamiñar un investimento no audiovisual ou os incentivos territoriais e outras vías de financiamento

06/10/2024

A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra amplían a recollida de ideas para enriquecer o plan de usos deste edificio emblemático pola boa acollida e alto interese

Esta medida da campaña ‘O mellor espazo busca o mellor contido’ activouse a finais de agosto e ten recollido máis de 200 proxectos de entidades culturais e particulares

A iniciativa estase a desenvolver en paralelo con xuntanzas con diferentes colectivos e representantes do tecido cultural, a última delas en Vigo cun cento de persoas

28/09/2024

O parador de Santo Estevo, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, acollerá este encontro os días  27, 28 e 29 do vindeiro mes de outubro

18/07/2024

O director xeral de Cultura participa na presentación do catálogo que contará, como mostra principal, coa ópera ‘Madama Butterfly’ composta por Giacomo Puccini 

18/07/2024

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá no Concello de Ferrol esta nova cita musical que terá lugar os días 28 e 27 de xullo nos Xardíns de Herrera

Trátase dun festival de pequeno formato que contará coas actuacións das bandas TT Syndicate e Faneka

18/07/2024

Ábrese ata o 6 de setembro o prazo de inscrición no ‘Forum Luso-Galego. Creatividade e coprodución’, que terá lugar o 25 de novembro na cidade do Porto 

O obxectivo é promover a colaboración entre empresas dos dous territorios para facilitar a posta en marcha proxectos en común ou consolidar relacións xa existentes

20/06/2024

A Coruña, 20 de xuño de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, acompañado da delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén Do Campo, e o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiron á estrea da serie Clanes.

18/06/2020

A actividade coincide coa celebración do Día da Música e combina as obras dun período determinado con pezas artísticas situadas nas salas do Museo

Os concertos contarán con capacidade limitada a 70 persoas con localidade preasignada e será preciso o uso de máscaras durante o recital