Axudas, subvencións e bolsas : Resolución provisional das axudas en materia de centros museísticos. Convocatoria 2025

Resolución provisional das axudas en materia de centros museísticos. Convocatoria 2025
Publicación da proposta provisional de resolución de axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
Segundo o establecido no artigo 14 da Orde de convocatoria, do 28 de decembro de 2024, ábrese un prazo de dez días hábiles, a partir do día seguinte á publicación do presente documento no portal web, para a presentación de alegacións, as cales irán dirixidas á Dirección Xeral de Cultura
Esta proposta provisional publícase no Portal de Museos de Galicia, https://museos.xunta.gal/gl/xestion/bolsas-e-subvencions, e na Portal de Cultura https://www.cultura.gal/gl/servizos
Estado de tramite: En trámite