El Inmigrante é unha curtametraxe muda con dirección e actuación de Charlie Chaplin. Foi estreado o 17 de xuño de 1917..
En 1998, a película foi considerada «cultural, histórica e esteticamente significativa» pola Biblioteca do Congreso de Estados Unidos e seleccionada para a súa conservación no National Film Registry.
O personaxe do vagabundo esta vez é un inmigrante que chega aos Estados Unidos en barco desde Europa. É acusado falsamente de roubo na travesía, e traba amizade coa suposta vítima, pois en realidade tentou axudala deixándolle diñeiro no peto.