Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Esquece Monelos de Angeles Huerta

O documental válese da desaparición do río Monelos baixo a cidade da Coruña para reflexionar sobre como se perde a memoria dos lugares e das súas xentes. Un percorrido polo río que propicia unha viaxe pola vida mesma de quen conta a historia. Un retrato colectivo que fala dos medos e inquedanzas que acompañan o avance inexorable do tempo.

Galego

Castelao. De chumbo a verba de Miguel López

Nun colexio de Pontevedra celébrase o día dás artes Galegas dedicado a Castelao. A mestra (Uxia Branco) encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin de semana. Xavi (Iago Novoa), un neno intelixente e un pouco vago recibe unha reprimenda da súa mestra porque toda a semana dedicárona a dar información sobre Castelao e non sabe contestar ás preguntas da profesora.

Galego

Emigranti+ Nostos-Il retorno

Emigranti
Italia, 1963. Dirección, guión, fotografía e montaxe:  Franco Piavoli
O artista fixa o seu obxectivo nos homes e mulleres humildes que chegan á estación de Milán en busca de traballo e dignidade. 
Nostos-Il retorno
Italia, 1989. Dirección, guión, fotografía e montaxe:  Franco Piavoli. Intérpretes:Luigi Mezzanotte, Branca de Camargo
En Nostos Il Retorno hai ecos de Eisenstein, Caravaggio, Jean Vigo, Tarkovski…, mais sobre todo un amor absoluto polo Mediterráneo

Galego

Tiempo real

España, 2003

Dirección: María Ruido
Afastado do cine militante clásico ou do documental televisivo conservador, este vídeo pretende reflexionar sobre a capacidade de xerar formas políticas efectivas a través de textos (imaxes e palabras)

 

Galego

Náufragos

Estados Unidos, 1944

Dirección: Alfred Hitchcock. Guión:  Jo Swerling, John Steinbeck. Fotografía:  Glen MacWilliams. Intérpretes: Tallulah Bankhead, John Hodiak, Walter Slezak , Mary Anderson. 

Sinopse: Durante a II Guerra Mundial, varios pasaxeiros náufragos encontran refuxio nun bote salvavidas.

Galego

L'orto di flora+ Il planeta azzurro

L'orto di flora
Italia, 2009. Dirección: e guión:  Franco Piavoli. Fotografía:  Mario Pavioli
A  imaxe simbiótica entre o natural e o creado pola man do home funciona como paradigma do conxunto da obra

Il planeta azzurro
Italia, 1982. Dirección: Franco Piavoli. Guión:  Franco Piavoli, Neria Poli
Poema visual sobre a natureza e os ritmos secretos do mundo

Galego

En la palma de tu mano

México, 1951

Dirección: Roberto gavaldón. Guión:  José Revueltas, Roberto Gavaldóno seu peculiar escudeiro. Intérpretes: Arturo de Córdova, Leticia Palma, Ramón Gay

Sinopse: Karin, astrólogo e ocultista, é en realidade un estafador que se aproveita da credulidade das súas clientas utilizando a información que lle consegue a súa amante, Clara, empregada nun salón de beleza. 

Galego

Don Quijote cabalga de nuevo

España, México, 1973

Dirección: Roberto Gavaldón. Guión:  Carlos Blanco. Intérpretes: Mario Moreno 'Cantinflas', Fernando Fernán Gomez, María Fernanda D'Ocón, Mary Francis

Sinopse: Don Quixote vive obsesionado pola cabalaría andante e os seus códigos de honra. Acompañado de Sancho Panza, o seu peculiar escudeiro.

Galego

Vértigo (De entre los muertos)

Estados Unidos, 1958

Dirección: Alfred Hitchcock. Fotografía:  Robert Burks. Intérpretes: James Stewart, Kim Novak, Barbara Bel Geddes, Tom Helmore

Sinopse: Un antigo inspector de policía afectado por vertixe, recibe a encarga dun amigo de vixiar a súa esposa, cuxo estraño comportamento suxire que podería suicidarse. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual