Animacción 2019
Este evento nace coa intención de ser unha mostra das innumerables posibilidades de expresión artística que nos ofrece o xénero de animación. Celébrase na Coruña desde o ano 2017, froito do traballo da Asociación SEN ÁNIMO DE NOME en colaboración coas colectivo ÁNIMAS ANÓNIMAS. Nel, autores de todo o planeta presentan as súas obras máis recentes para ser valoradas polos asistentes ás proxeccións, quen outorgará coas súas votacións o premio do públicodotado con 200 ?.

