Cafarnaúm
Premio do Xurado no Festival de Cannes, unha das películas máis emocionantes deste ano que, ademais, foi nomeada ao Óscar a Mellor Película de Fala Non Inglesa. Nadine Labaki realiza así un xiro radical á súa carreira e tráenos unha fábula contemporánea que é o resultado de máis de tres anos de investigación polos barrios marxinais, un longo casting de actores non profesionais, seis meses de rodaxe e 500 horas de material.

