Give up tomorrow (Ríndete mañana)
Ríndete mañana é un documental que expón de maneira fascinante un kafkiano mundo de corrupción e inxustiza. Cando Paco Larrañaga, un mozo de 19 anos, é acusado dun brutal asasinato, todo o sistema xudicial de Filipinas ponse en dúbida. Este suposto crime, cuxa única proba é a desaparición de dúas mozas novas, incrimina a un home inocente e enfronta a dúas nais afligidas que personifican as profundas diferenzas entre as dúas familias e, por extensión, de todo o país.

