Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Sin techo

España, 2019

Dirección e guión:  Xesc Cabot, Pep Garrido. Fotografía:  Aitor Echeverría. Intérpretes: Enric Molina, Laia Manzanares, Teresa Vallicrosa, Juan Carlos González

Sinopse: é a vida daquelas persoas desbotadas pola nosa sociedade, os fitos da súa aventura cotiá, a súa peripecia consistente en sobreviviren a sí mesmas.

Galego

Historias de nuestro cine

O sábado 29 de febreiro, no Auditorio Municipal de Vilagarcía proxectaremos o último traballo de Antonio Resines o documental "historias de nuestro cine", a presentación deste documental terá lugar ás 20:30 h.

A data escollida non é casual porque celebraremos este ano o Día Mundial das enfermidades raras, xa que Antonio Resines foi o noso embaixador durante 2 anos, este día contaremos coa súa presenza e co codirector Ana Pérez Lorente.

Todo o recollido nesta proxección servirá para investigar a atrofia muscular espinal.

Galego

Traidor no inferno

Traidor no inferno (1953), de Billy Wilder, nova sesión de Entre tebras, o ciclo, integrado por doce proxeccións e dous relatorios, que a Vicerreitoría do campus dedica ao cinema sobre conspiracións.

 

Galego

Chris el suizo

Documental no que a directora Anja Kofmel aborda como cando estalou a guerra dos Balcáns, en 1992, mozos de toda Europa acudiron a loitar á antiga Iugoslavia.

Concretamente, a cineasta investiga neste filme o falecemento do seu primo, o xornalista suízo Christian Wütenberg, que foi atopado morto en Croacia despois de converterse unhas semanas antes en membro dun grupo paramilitar.

Galego

Dark City

A Casa das Campás acolle a proxección do filme Dark City (1998), de Alex Proyas, nunha nova sesión de Entre tebras, o ciclo, integrado por doce proxeccións e dous relatorios, que a Vicerreitoría do campus dedica ao cinema sobre conspiracións.

Galego

O oficio de vivir

Baixo o título ‘O oficio de vivir’, a actividade impulsada pola edil de Benestar Social contempla a proxección dos filmes ‘A habitación do fillo’, ‘Diario íntimo de Adèle H’, ‘Cisne negro’ e ‘El’.

Galego

Una bolsa de canicas

Durante a ocupación nazi en Francia, Maurice e Joseph son dous irmáns xudeus que deben abandonar á súa familia para salvarse.

Deberán abandonar á súa familia. Facendo mostra dunha gran astucia, coraxe e enxeño para sortear aos invasores inimigos, os dous irmáns tentarán reunir a toda a súa familia de novo na zona libre do sur de Francia.

Galego

Cafarnaúm

Premio do Xurado no Festival de Cannes, unha das películas máis emocionantes deste ano que, ademais, foi nomeada ao Óscar a Mellor Película de Fala Non Inglesa. Nadine Labaki realiza así un xiro radical á súa carreira e tráenos unha fábula contemporánea que é o resultado de máis de tres anos de investigación polos barrios marxinais, un longo casting de actores non profesionais, seis meses de rodaxe e 500 horas de material.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual