La mécanique de l´ombre (testigo) de Thomas Kruithof
Un enigmático home de negocios en nome dunha misteriosa organización ponse en contacto con Duval (François Cluzet) para ofrecerlle un traballo sinxelo e ben remunerado: transcribir escoitas telefónicas interceptadas. Duval, economicamente desesperado, acepta sen preguntar sobre a finalidade da empresa que o contrata.
De súpeto, envolto nun complot político, debe afrontar a brutal mecánica do mundo oculto dos servizos secretos.

