Próxima
Sarah é unha astronauta francesa que se adestra na Axencia Espacial Europea en Colonia.
É a única muller dentro do esixente programa. Vive soa con Stella, a súa filla de sete anos. Sarah sente culpable por non poder pasar máis tempo coa nena. O seu amor é abafador, inquietante. Cando Sarah é elixida para formar parte da tripulación dunha misión espacial dun ano de duración chamada Proxima, prodúcese o caos na relación entre nai e filla.

