Cinema Doméstico A Pedáis
A Cinecleta e un proxecto de recuperación e exhibición de películas de cinema doméstico en formato 8mm e super 8, filmadas por afeccionados e cineastas amateurs galegos no século pasado.

A Cinecleta e un proxecto de recuperación e exhibición de películas de cinema doméstico en formato 8mm e super 8, filmadas por afeccionados e cineastas amateurs galegos no século pasado.
Este Nadal no Gaiás non queremos que se perda a ilusión por iso imos ateigar a Cidade da Cultura de moita luz, cor e cancións, de todos os estilos, pero sempre tendo en conta as festas que estamos a celebrar, na que o protagonismo volve ser para a nosa grande árbore de Nadal. Este ano manterá as súas grandes dimensións e incorporará a interactividade grazas á intervención nela da artista visual Marta Villaverde. Deste xeito, seredes vós, a través dos vosos dispositivos móbiles, os e as que decidades as cores e incluso a música que desprenda ao voso paso.
Hong Kong, 1962. Chow, redactor xefe dun xornal local, múdase coa súa muller a un edificio habitado principalmente por residentes de Shanghai. Alí coñece a Li-zhen, unha moza que acaba de instalarse no mesmo edificio co seu home. Ela é secretaria dunha empresa de exportación e o seu home está continuamente de viaxe de negocios. Como a muller de Chow tamén está case sempre fóra da casa, Li-zhen e Chow pasan cada vez máis tempo xuntos e fanse moi amigos. Un día, ambos descubrirán algo inesperado sobre as súas respectivas parellas.
Tras cumprir cinco anos de condena, Tony Le Stephanois sae de prisión coa intención de cambiar de vida, pero atópase con que a súa amante está cun coñecido gángster. Como carece de recursos económicos, non lle queda máis remedio que volver á súa vida pasada e reunirse cos seus vellos compañeiros. Durante semanas prepara minuciosamente con eles un golpe perfecto: o atraco a unha inaccesible xoiería de París.
Cando o traballador non cualificado Martin Eden coñece a Elena, a filla dunha rica familia de empresarios, é amor a primeira vista. A rapaza refinada e culta non tarda en converterse nunha obsesión para Martin, que espera que os seus soños de facerse escritor o axuden a superar as súas humildes orixes e lle permitan casar con Elena.
Harry Fabian traballa a comisión como gancho dun club, pero é ambicioso e soña con facerse independente. Para acadalo non dubidará en enganar ao campión do mundo de loita grecorromana para que se enfronte ao seu fillo Kristo, que controla a loita en Londres.
Despois dunha profunda depresión pola morte da súa amante nun accidente de coche, o doutor Vicente chega xunto á súa muller Mariña a unha remota illa atlántica coa intención de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio. A vida na solitaria illa séntalle ben a Vicente, que pide á súa muller prolongar a estancia e pasar o outono. Cada día vaise sentindo mellor ata que tras un naufraxio no medio dun temporal, unha misteriosa e amnésica muller estranxeira aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento xa nada volverá ser o que era.
Diario íntimo dunha muller de clase acomodada ilustrado polas filmacións caseiras do seu marido, un rico industrial, entre os anos 40 e 60 do século pasado. O filme é tamén un melodrama clásico ao Douglas Sirk ou Todd Haynes, cos sentimentos a flor de pel. Unha viaxe a través da vella Europa. Un ensoño romántico.
Nick Garcos, un camioneiro que gaña a vida transportando froita en durísimas condicións, decide non someterse ás presións dos dirixentes de sindicatos mafiosos que no seu día estafaron e mutilaron ao seu pai.
Agatha Christine, de 10 anos, é unha fanática dos misterios. Tanto que creou unha axencia de detectives privados no soto da súa casa á que acaba de mudarse coa súa familia. O seu primeiro crebacabezas levaraa a un asunto moito máis complexo do que ela esperaba...
O filme está recomendado para nenos e nenas de 6 anos en diante e vai ser proxectada na súa versión dobrada ao castelán