Lobos sucios
Manuela, unha mineira que sofre o rexeitamento dos demais por ser medio meiga, decide roubar aos nazis para tratar de curar a súa filla enferma. Nesta aventura, conta coa axuda de Candela, a súa irmá pequena. Dúas mineiras galegas foron quen de mudar o curso da historia durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945). A película está ambientada nas minas galegas de volframio que foron explotadas polos nazis durante a guerra e inspíranse libremente en feitos, historias e personaxes reais.

