Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Frenesí

Londres. Nas augas do Támesis aparece o cadáver dunha muller espida e estrangulada cunha gravata a raias. A muller presenta, ademais, síntomas de violación e outros sinais que fan sospeitar que o asasino é un maníaco sexual.

Galego

Compartiment Tueurs

Durante unha viaxe en tren desde Marsella a París, seis persoas comparten un coche-cama. Cando un deles aparece asasinado, a policía comeza a investigar.

A sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra acolle a proxección de “Compartiment Tueurs” (1965), de Costa Gavras, no marco do ciclo de cinema francés “A poética do crime. Cinéma polar”.

Galego

A grande ilusión

Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Unha obra sobre a camaradería e as relacións humanas que retrata o día a día duns prisioneiros franceses nun campo de concentración alemán durante a Gran Guerra. Nada máis chegar ao campo, dous oficiais da aviación francesa decátanse de que os seus compañeiros de barracón están a escavar un túnel para escapar de alí.

Galego

Enviado especial

A sala de conferencias da Vicerreitoría acolle a proxección de “Enviado especial” (1940), nunha nova sesión do ciclo monográfico Alfredo o grande, dedicado ao director británico Alfred Hitchcock.

Dez proxeccións, que entre outubro e xaneiro terán como sedes a Casa das Campás e o Teatro Principal, integran este ciclo inserido na programación cultural da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Entrada de balde. Non é necesaria reserva.

Dada a situación sanitaria, a sala contará cun aforo reducido de 15 persoas, que cubrirase por orde de chegada.

Galego

Toni

Toni é un obreiro italiano que chega á zona de Martigues, no sur de Francia, para traballar nunha canteira. Alí instálase na pensión de Marie, con quen inicia unha relación amorosa. Toni, non obstante, namorará logo de Josefa, unha inmigrante española que ao tempo é obxecto de desexo do seu capataz. Catro destinos cruzados que van colisionar violenta e dramaticamente.

Galego

Familia mergullada

O mundo de Marcela vólvese estraño e fráxil logo da morte da súa irmá Rina. 

sente perdida na súa propia casa e as conexións coa súa contorna próxima familiar están dislocadas. Á súa casa chega Nacho, un mozo amigo da filla, a quen lle cancelou unha viaxe de traballo, e xuntos comparten conversacións e paseos. Marcela recibe un chamado dun parente distante por unha reunión, mentres na súa casa mantén diálogos con parentes doutra dimensión

Con: Mercedes Morán e Marcelo Subiotto

Galego

O escándalo de Ted Kennedy

A vida de Ted Kennedy e a súa carreira política descarriláronse despois dun fatal accidente automobilístico.

En 1969, no que o coche que el conducía precipitouse desde unha ponte a un lago e no que perdeu a vida a súa nova secretaria de campaña, Mary Jo Kopechne

Con Jason Clarke e Kate Mara.

Galego

The Party

Janet (Kristin Scott Thomas) acaba de ser nomeada ministra do Goberno, e por iso varios amigos reúnense nunha festa para celebrar o seu nomeamento.

Con todo, o que comeza como unha celebración terminará da maneira máis inesperada.

Con Timothy Spall e Patricia Clarkson

Galego

Unha receta familiar

Masato, un novo chef de ramen que quere saber máis sobre o pasado dos seus pais falecidos, deixa a súa cidade natal en Xapón embarcándose nunha viaxe culinaria cara a Singapura para atopar a verdade sobre o seu pasado e a súa familia.

Durante esa deliciosa odisea, Masato descubrirá os segredos dos seus devanceiros, suculentas receitas e moito máis. 

Con Tsuyoshi Ihara e Seiko Matsuda

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual