Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Akira

Ano 2019. Neo-Tokyo é unha cidade construída sobre as ruínas da antiga capital xaponesa derruída tras a Terceira Guerra Mundial. Xapón é un país ao borde do colapso que sofre continuas crises políticas. En secreto, un equipo de científicos retomou por orde do exército un experimento para atopar a individuos que poidan controlar a arma definitiva: unha forza denominada "a enerxía absoluta". Pero os habitantes de Neo- Tokyo teñen outras cousas das que preocuparse. Un deles é Kaneda, o líder dunha banda de motoristas.

Galego

A cidade espida

Unha abafante madrugada neoyorkina, a modelo Jean Dexter é asasinada a sangue frío. O tenente de homicidios Daniel Muldoon faise cargo do caso coa axuda dun mozo e competente detective, Jimmy Halloran. Mentres os policías tratan de desentrañar os motivos que conduciron á morte da moza e de atopar o seu asasino, a vida cotiá segue como se tal cousa no corazón da poboada urbe.

Galego

Technoboss

Luís Rovisco, divorciado e entrado nos sesenta, vive co seu gato Napoleón e traballa como director comercial nunha empresa de seguridade. Mentras agarda a soñada xubilación, podémolo atopar case sempre ao volante do seu automóbil, cantando letras inventadas para superar as inxustizas da vida e os problemas que a tecnoloxía, os seus compañeiros de traballo e un xefe misteriosamente ausente seguen a poñer no seu camiño. Non hai mal que unha canción non poida corrixir.

Galego

Antoloxía dun pobo fantasma

Simon Dubé morre nun accidente de coche que ten lugar nunha pequena e remota vila de Quebec de pouco máis de 215 persoas. Sorprendidos, os habitantes da vila procuran non falar sobre as circunstancias da traxedia. O suceso esgaza á familia Dubé, e afecta psicoloxicamente ao alcalde Smallwood, xunto a outro grupo de aldeáns que non saben que facer para deixar atrás o acontecido. Mentres a xente trata de dixerir a desgracia, unha serie de persoas descoñecidas comezan a chegar á vila, ao que pouco máis tarde lle acompaña unha espesa néboa. Quen son? Que está sucedendo?

Galego

Forza bruta

Tras os muros da penitenciaría Westgate imperan o miedo e a violencia. O alcaide da prisión mantén amoreados os presos e ademais, sométeos a constantes torturas e vexacións. Joe Collins (Burt Lancaster) e os seus compañeiros de cela, fartos da situación, deciden organizar unha fuga. Un plan temerario que ten moitas posibilidades de acabar nun baño de sangue.

Galego

Diego Maradona

O 5 de xullo de 1984 Maradona chega ao Nápoles nun traspaso récord. Durante sete anos desatouse a loucura. A icona máis famosa do fútbol e a cidade máis ardente e perigosa de Europa forman un cóctel perfecto.

Gústeche o fútbol ou non, Kapadia logra que che interese. Cinema feito coa man de Deus.

Galego

Mank

Biopic sobre Herman Mankiewicz, guionista de "Cidadán Kane", que repasa o proceso de rodaxe da obra mestra de Orson Welles dirixida e estreada en 1941.

Filmada nun impresionante branco e negro, 'Mank' amosa a Hollywood nunha ampla gama de grises. Liderada pola incrible interpretación de Oldman, o filme é intelixente e sofisticado (...) e está entre o mellor de Fincher.

Galego

Para Sama

Esta é unha carta de amor dunha nai á súa filla. O filme conta a historia da vida de Waad Al-Kateab ao longo de cinco anos de guerra en Alepo, Siria. Durante estes cinco anos namora, casa e dá a luz a Sama, mentres un conflito catastrófico se levanta ao seu redor. A súa cámara captura historias incribles de perda, risas e supervivencia mentres Waad decide se fuxir ou non da cidade para protexer a vida da súa filla, cando irse significa abandonar a loita pola liberdade pola que xa sacrificou tanto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual